O BNG celanovés esixe a gratuidade do aparcadorio

O BNG de Celanova expresou a súa repulsa pola intención do grupo do goberno que preside o alcalde, Antonio Mouriño, de cobrar por estacionar no renovado aparcadoiro das Triguerizas.
Dende o BNG tachan de ‘desfachatez’ a intención do alcalde de querer cobrar por aparcar nunha parcela de titularidad municipal que estase acondicionando con cargo ao fondo estatal de inversión local (Plan E). Os nacionalistas consideran que o cobro provocará un prexuízo irreparábel para todos os veciños de Celanova e concellos limítrofes, así como para o sector servizos, principal actividade económica do Concello, polo que invita a movilización dos partidos da oposición, veciños, así como aos diferentes sectores socias do municipio.

Te puede interesar