O parque de bombeiros comarcal recibirá 125.000 euros anuais

Celanova incorporase á rede de emerxencias

Alfonso Rueda saluda bomberos del parque celanovés.
O parque comarcal de bombeiros de Celanova acaba de integrarse xunto ós de Sanxenxo e Ponteareas na rede galega de emerxencias que cubre o territorio galego. O alcalde de Celanova, José Luis Ferro, considera que 'para esta comarca é moi beneficioso situarnos na mesma categoría doutros parques porque recibiremos a axuda económica directamente sen unha solicitude previa, o que nos permitirá dispor de 12 persoas e a dotación de máis medios'.
Con tal motivo, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou onte o parque, incidindo na importancia da colaboración e cooperación entre concellos, deputacións e Xunta para dar unha mellor resposta ás emerxencias, o que redunda nunha mellor atención aos cidadáns. O sistema busca a distribución máis racional e eficiente de medios por todo o territorio, cunha resposta ante as emerxencias profesional e estable, 24 horas ao día e 365 días ao ano e coa súa continuidade asegurada, algo que non pasaba cos Grumir.

O vicepresidente destacou que coa integración do parque de bombeiros, este parque comarcal verase reforzado cunha partida de 125.000 euros anuais procedentes da Xunta e da Deputación de Ourense, o que lle permitirá realizar melloras e garantir o servizo máis alá do ámbito municipal.

Te puede interesar