O burgo medieval celanovés revivirá o ambiente das romerías tradicionais do século pasado

O circo toma hoxe Vilanova coa celebración de Raigame

As rúas de Vilanova dos Infantes, no concello de Celanova, recibirán hoxe a visita duns feriantes de excepción, os titiriteiros do mundo circense. Os integrantes do grupo de teatro-circo 'Ale-Hop' e os do 'Circo Ciudad de los Muchachos' tomarán a Praza Maior do burgo medieval para mostrar as súas habilidades nunha edición na que se homenaxeará a dous das figuras máis importantes do mundo circense: Secundino Feijóo e o Padre Silva.
A festa, que levará ao pasado aos veciños e visitantes que se acheguen as súas rúas e prazas, comenzará a partir das once da mañá coa apertura dos máis dun cento de postos e exhibicións de oficios tradicionais, así como os mercados paralelos de artesanía, antigüidades e hortícolas na rúa de Celanova e nos campos da escola, respectivamente.

Ambientando o paseo lúdico-gastrómico estarán grupos corais, de gaitas, baile e música tradicional de Allariz, A Veiga, Castrelo do Val, Celanova, Laza, Oímbra, Ourense, Pontedeva, Ramirás, Xinzo da Limia, entroutros grupos achegados das provincias de Lugo e Pontevedra.


SECUNDINO FEIJÓO E PADRE SILVA

As 13,00 horas está previsto o acto público de homenaxe a Secundino Feijóo (fundador do Circo Feijóo) e ó Padre Silva (fundador do circo Ciudad de los Muchachos), ambos orixinarios de Vilanova dos Infantes. Diante dos canastros da Torre descubrirase unha placa de homenaxe a ambos artistas circenses e, na Praza Maior, leerase unha breve semblanza de ambos.

A continuación, os organizadores entregarán o premio honorífico 'Xan de Barros' a viúda do profesor Xosé Antonio Fildalgo Santamarina, premiado nesta edición.

A programación inclúe unha misa cantada pola coral 'De Ruada' na igrexa de San Salvador de Vilanova as 12,30 horas e a exposición de traballos do 'Colectivo de pintores ourensáns' na Torre, no café-bar Vilanova e na Taberna A Torre (visitable ata o 27 de maio).

Completará este homenaxe ao mundo circense a exposición de fotografías, cartelería e numerosas pezas gráficas sobre a figura do Padre Silva, promovida pola Asociación Cultural Padre Silva.

Te puede interesar