literatura

Imaxes na Casa dos Poetas de Celanova da historia da emigración

convenio_afundacion_result
photo_camera Alberto López, José Luis Ferro e Beatriz Fernández-Anguiano, durante a sinatura do convenio.

A mostra, promovida por Afundación, abrirá ao público o día 13 de xullo

Se ben non é tarefa doada trasladar a simples imaxes o que a emigración supuxo para a historia de Galicia, "Nós tamén fomos emigrantes", a exposición itinerante que proximamente visitará a Casa dos Poetas en Celanova, trata de achegarse a un fenómeno social que atravesaron a meirande parte das familias galegas durante décadas. Ó longo de mes e medio, un total de 40 fotografías tratarán de explicarlles ós veciños os sentimentos que despertou a emigración, dende a dor polo abandono do fogar á incertidume da busca dun futuro máis productivo en termos económicos. 

Dende os arquivos da axencia EFE chegan as interpretacións que diferentes fotoxornalistas foron facendo destes movementos sociais dende o ano 1910. Así o explicou a coordinadora de Afundación, Beatriz Fernández-Anguiano, que estivo acompañada na presentación da mostra polo coordinador de negocio institucional de Abanca, Alberto López, e o alcalde de Celanova, José Luis Ferro. Os tres procederon á sinatura dun convenio que fai posible que a exposición visite a Casa dos Poetas.
Será entre os días 13 de xullo e o 26 de agosto cando "Nós tamén fomos emigrantes" estea disponible para o público de Celanova. Unhas datas coas que , tal e como lembrou o alcalde, José Luis Ferro, coincide a época na que os emigrantes retornados volven á súa terra de orixe. Deste xeito, a mostra permitiralles "revivir o que a eles lles aconteceu cando tiveron que partir". 

Pola súa banda, Alberto López salientou que o obxectivo da entidade á que representa pasa por "vertebrar a vida cultural dos concellos", se ben actualmente nos atopamos nunha época na que "temos que ser moito máis eficientes se cabe"; en referencia ó descenso de actividades culturais promovidas dende a entidade financieira á raíz da crise económica.

Te puede interesar