Gañador do premio de fotografía de Raigame

José Luis Diz: ‘O bo fotógrafo ten que saber esperar’

O fotógrafo José Luis Diz. (Foto: Martiño Pinal)
‘É unha satisfacción persoal ver como Raigame permite a recuperación dos valores da tradición e do traballo deses antigos artesans’, destaca o fotógrafo José Luis Diz.
O salón de sesións de Celanova acolleu este fin de semana o acto de entrega dos premios de Fotografía e Investigación Etnográfica que convocan os organizadores da Romería Etnográfica Raigame que, cada 17 de maio, se celebra no burgo medieval de Vilanova dos Infantes. Un dos galardoados, o primeiro premio do apartado fotográfico, foi José Luis Diz. O secretario e fotógrafo da Asociación Os Potiños explicaba o segredo da imaxe gañadora: ‘Barro nas máns’.

Que ten de especial?

Para min, a composición. Trátase dunha imaxe que reflexa o momento no cal o artesán (neste caso un alfareiro), pon o broche de ouro a súa obra (unha xarra). A fotografía forma parte dunha colección de tres imaxes que representan o traballo cas mans: o alfareiro, o músico e un traballador fabricando os baldos de madeira. E, si son sincero, non era esa a que máis me gustaba das tres, aínda que recoñezco que o conxunto é o máis perfecto.

Xurdiu ou tivo que buscala?

Estiven esperando por esa fotografía durante todo o proceso de elaboración do alfareiro, preto de dez minutos e 25 fotografías. Hoxe, non sei quen era o artesán, aínda que pola cerámica negra que utilizaba, seguro que de Gundivós (Sober).

Que lle animou a participar no certamen fotográfico de Raigame?

A miña visita enmárcase dentro das saídas que facemos dende a Asociación fotográfica Os Potiños de O Carballiño a cal pertenezco e son o secretario. Tódolos anos dende o 2003, un grupo de socios vimos a Vilanova nunha cita casi obrigada.

Que significa Raigame para vostede?

Persoalmente, acudir a Raigame é unha satisfacción persoal ao poder ver como se recuperan os valores da tradición e do traballo deses artesans antigos. Ven sexan zoqueiros, alfareiros, musicos ou canteiros. No plano artístico, Raigame permíteme recoller todo tipo de imaxes, desde conxuntos ata máis atísticas como ás surxidas na coleccion das máns. Este ano funme para casa con preto de 300 imaxes. Os beneficios do dixital? As cámaras dixitais son máis agradecidas porque non te fan esperar ata o proceso de revelado para ver a imaxe. Son máis rápidas e , con elas, e máis doado facer fotografías.

Que opina sobre o uso das ferramentas informáticas para retocar as fotografías?

Hai concursos que o permiten e outros, como Raigame, que non. Sempre hai diversos criteiros pero a min persoalmente non me parece ben que se permitan os retoques co Photoshop. O bo arte e o bo facer do fotógrafo é saber esperar o momento. Eso e fotografia. O outro é máis de traballo técnico. Cal é a finalidade da asociacion? Os Potiños creouse fai máis de 20 anos, estivo un tempo parado e, nesta segunda etapa, a asociación ten preto de 150 socios dos que só uns 25 fotógramos aficionados participamos na actividade diaria. Organizamos saídas e quedadas onde mostramos as nosas fotografías para recibir as críticas e loanzas do resto de compañeiros. Tamén organizamos exposicións para o público.

Hai máis ‘raigames’ pola provincia?

Espazos que ofrezcan tan diversidade de temas e espazos é dificil. O que facemos é participar nas diferentes festas da provincia que despois aproveitamos para outros temas. Por exemplo, fai unhas semanas estivemos na ‘Festa da Vendimia’ de Leiro. Un escenario que permite retratar diferentes momentos do proceso do viño que despois podemos enviar os diferentes certames fotográficos que se organizan sobre o sector.

Te puede interesar