Un dos templos da sabiduría celanovesa, a centenaria biblioteca do instituto, albergou onte unha xornada de portas abertas onde se sucederon diferentes actos culturais, conectados entre sí pola súa lembranza á familia Ferreiro.

Leopolda Ferreiro e os presos

Un momento do recital cultural que onte se viviu na centenaria biblioteca do Mosteiro. (Foto: MARCOS ATRIO)
En familia, como casi tódolos actos culturais que se ?desenvolven na vila de San Rosendo, as pétreas paredes do instituto celanovés acolleron onte un encontro cheo de música, poesía e creatividade para lembrar a Celso Emilio Ferreiro. O autor de 'Onde o mundo se chama Celanova', foi un nexo de unión no simbólico e emotivo acto 'protagonizado polo alumnado da Baixa Limia e Terras de Celanova de diversas xeracións', enfatizaba o escritor e profesor Xoán Carlos Domínguez.
A espectacular biblioteca do centro enchéuse de sons e palabras nas interpretacións dos versos de Celso Emilio e tamén do audiovisual sobre o patrimonio literario da comarca.'Esta é unha xornada de portas abertas para compartir espazo e tempo ca xente que non pertence á comunidade educativa', recoñecía a responsable da biblioteca, Isidora Gil, encargada de presentar o novo logotipo do instituto que, dende o ano pasado, leva o nome de 'IES Celanova Celso Emilio Ferreiro'. Precisamente un exalumno, hoxe adicado ó ensino e tamén ó oficio da escritura, Baldo Ramos, é o autor da nova imaxe, un anagrama do nome de Celso Emilio que xa protagonizara a portada do monográfico do colectivo Arraianos dedicado ao autor de 'Longa noite de pedra'.

Un dos momentos máis especiais foi a presentación e a entrega ao centro do facsímil 'L.F. Á Leopolda Ferreiro dos presos de Celanova'. Unha publicación de carácter privado da familia que, tal e como lembrou Luis Ferreiro, 'é un fardel aventureiro que sobreviviu a cambios de domicilio, arquivos, viaxes e tamén guerras, que pretende ser unha homenaxe aos homes víctimas daquela dictadura e tamén á labor das mulleres bravas galegas' como foi Leopolda Ferreiro Míguez, a quen 544 presos que estiveron en Celanova lle dedicaron este documento pola súa axuda. O profesor da Universidade de Vigo Xosé Manuel Cid relatou algunhas das esceas máis bonitas que aconteceron neste negro capítulo da historia recente do Mosteiro celanovés e destacou que o fascismo non conseguiu acabar con ideas e valores universais como a solidaridade, a paz ou a amizade.

Te puede interesar