CELANOVA

Mostra de Baldo Ramos e Carlos González na 
Casa dos Poetas

A Casa dos Poetas de Celanova acolle hoxe venres ás 19,30 horas a inauguración da exposición "Onde beben os cervos que amansou o calígrafo"

A Casa dos Poetas de Celanova acolle hoxe venres ás 19,30 horas a inauguración da exposición "Onde beben os cervos que amansou o calígrafo" dos artistas da comarca de Terras de Celanova, Baldo Ramos (Celanova) e Carlos González Villar (con orixes na Bola).

A mostra, que poderase visitar ata o 31 de maio de martes a sábado de 11,00 a 13,30 e de 16,00 a 19,00 horas, está baseada nun libro de gravados que contén material poético realizado por Ramos e artístico, obra de González Villar.

O encontro na antiga sala da lareira da casa familiar dos Curros Enríquez servirá, á súa vez, para acoller a presentación da última publicación de Baldo Ramos, "Cartografía do exilio". Unha obra poética polo que no ano 2014 obtivo o Accésit de Poesía Miguel González-Garcés da Deputación da Coruña. n
 

Te puede interesar