Xan Carlos Fernández aspira a presidir o grupo GDR-16 ‘O Vieiro-Leboreiro’

Unha asamblea extraordinaria do Grupo de Desenvolvemento Rural GDR-16 O Vieiro-Leboreiro permitirá o nombramento do novo presidente trala renuncia da independente de Gomesende, Pura Rodríguez. O vocal do GDR-16, Antón Álvarez, anunciou onte que ‘a pesar dos intentos do PP, por medio dos seus alcaldes para paralizar e boicotear o funcionamento do GDR, o resto de asociacións xa dispoñen de candidato para presidir o grupo’.
O elexido é Xan Carlos Fernández Rodríguez, que xa foi nombrado presidente da asociación Vales do Limia e Arnoia. O vocal nacionalista subliñou que ‘os boicots empezaron en setembro cando impediron a reunión onde se decidiría a ubicación das oficinas, a convocatoria para contratar o persoal e os baremos para os proxectos’, informou o vocal. Cuestións que permitirán a posta en marcha do grupo, ‘a sorpresa veu dos alcaldes do PP, aducindo que a documentación non se lles entregou persoalmente, a pesar de recoñecer o vicepresidente do grupo e alcalde de Bande que a tiñan no seu poder, provocando a suspensión da reunión’.

Posta en marcha


Antón Álvarez indicou que ‘dilatar e paralizar a constitución do GDR-16 son obxectivos do PP, e para iso non dubidan en utilizar a falacia sobre a economía e funcionamento do grupo para evitar a posta en marcha do mesmo por razóns partidistas en contra dos intereses veciñais’. Feita pública a candidatura, Álvarez confía en ‘resolver esta situación nuns días, para promover a presentación de proxectos inmediatamente’. Por contra, o vicepresidente do grupo, José Antonio Armada, contestou que ‘non me corresponde a min ter que informar os membros, que non son só alcaldes, senón que tamén hai asociacións. Esa é unha labor da secretaría’, ao tempo que engadiu que ‘deixemonos de tonterías e poñamonos a traballar. Persoalmente vou solicitar formalmente que se convoque a xunta’.

Te puede interesar