A bolboretiña do día | Caixa ou caixeiro?

Cando entrabamos nun banco tradicional, viamos un letreiro por riba dun mostrador ou escrito nun espazo de cristal  que dicía “Caixa” -ou “Caja”. Alí dentro había un señor serio, nas películas con lentes, viseira e manguitos, coa responsabilidade do movemento do diñeiro, que era o “caixeiro”. 

O núcleo central, o corazón, dun banco é a “caixa forte” ou “cofre”. Esta segunda palabra vén dunha palabra que significaba “cesta para as cousas de valor”, vía latín e francés (coffre) e moito máis usada nas linguas, que as derivadas directamente do latín “capsa” “caixa”, cun significado moitísimo máis aberto.

A non ser o caso do castelán (e do catalán que del copiou) que levan o nome da persoa encargada, “caixeiro automático”, todas as demais linguas levan o nome do departamento, “caixa”. Así, pois, creo que debemos falar de “caixas” automáticas, permanentes, ou como queiramos, e deixar aos caixeiros que durman.

Te puede interesar