A bolboretiña do día | Camións e familia

Moitas palabras do transporte moderno son de orixe francesa (tren, coche, avión...) e, tamén, claro eses camións que hoxe andan no maxín de todos.  E en todas as linguas latinas, e aínda máis alá, pronúnciase case igual. Ás veces acentuada na última sílaba (francés, portugués...); ás veces, como no italiano, na primeira. Vén dunha forma normanda que significaba carro. En Brasil -non en Portugal- mestúrano con caminho e din “caminhão”. O pequeno, é a camioneta (do francés camionette) que os brasileiros converten en “caminhoneta”. Inda máis pequena, é a “furgoneta” dunha forma diminutiva francesa de “fourgon”, pero os de Chaves e Faro prefiren “carrinha” que soa case cariñoso.  Os seus carros, os nosos “coches” -polo nome dunha cidade de Hungría (Kocs)- en galego popular tamén tiñan outro nome-broma, case esquecido, “futingo” que seica viña dunha propaganda dos primeiros coches que en inglés dicía “Foot it and go”.
Te puede interesar