A bolboretiña do día | Fetiche, palabra nosa universal

Recoméndolles encarecidamente a páxina certaspalavras.com da autoría do profesor lusitano Marcos Neves porque é unha marabilla e como as nosas linguas teñen tanto en común, pois o que vale para unha, vale para a outra; moitas veces. No mes de abril explicaba a orixe portuguesa (eu, varrendo para casa digo galego-portuguesa) da palabra “fetiche”. Pois o caso é que os navegadores portugueses do século XV ao chegaren á Costa do Ouro, topáronse con pobos que facían amuletos e obxectos máxicos que eles chamaron “feitiços”. 

E os do norte de Europa facían as súas crónicas da expansión lusitana seguindo as súas fontes e palabras. Cita un libro holandés de 1602 dicían que aqueles africanos facían “feitissos”; pouco despois os franceses grafaron “fétiche”  e os ingleses, coma case sempre copiaron a “fetish”. E logo, tal palabra regresou á peninsula cos “fetiches” e o “fetichismo” sen que soubesemos ben, que todo era cuestión dun feitizo orixinal de ida e volta polo mundo.

Te puede interesar