A bolboretiña do día | Pascua ou Páscoa?

Empecemos dicindo que o día Pascua -imos empezar chamándolle así, como di a RAG -é o primeiro domingo despois de lúa chea tralo equinoccio de primavera, establecido o 21 de marzo, desde o primeiro Concilio de Nicea, no ano 325. Así pois, pódese variar entre o día 22 de marzo e o 25 de abril. Despois vén a Coresma, corenta días, ata a Ascensión. Na actualidade tamén felicitamos ás Pascuas do Nadal (entre o 25 de decembro e o 6 de xaneiro) cun significado semellante de tránsito; un nacemento, outro morte. Ben. A palabra Pascua vén do hebreo polo que a súa adaptación a través do latín pode variar. En italiano, castelán, catalán din Pascua/Pasqua. Pero en portugués din Pascoa. E se remexemos na documentación medieval nosa, sexa literaria ou non, aparece con u, ou sexa Pascua 20 veces, e Páscoa, 94. Entre eles ese primeiro poema na historia que fala de Ourense, o de Afonso X, que comeza dicindo “Com’eu en día de Pascoa quería ben comer...”. Con estes antecedentes, e aínda que a RAG bendiza Pascua, para min que debería abrir a man e deixar, polo menos, como sinónimo, Páscoa. 

Te puede interesar