A bolboretiña do día | O Ribeiro e ribeiros

Dicía o Padre Sarmiento no XVIII que o Ribeiro era o de Avia, e que ao viño, tanto se lle podía chamar “ya por el nombre del valle, ya por la villa de Riva de Avia”. Si. “Mi vino de Ribadavia!” queixábase o abade a finais do XV en América, ante os abusos de Colón cando lle roubou unha pipa que levara canda si, a América. A medidados do XIX, Eugenio Reguera sinala que Ribeiro é: “Ladera muy soleada a las márgenes de algún río, en donde se produce vino, y frutas” e sinala o de Ourense (de Ourense a Ribadavia) e do Avia (de Ribadavia a Pazos de Arenteiro).

Logo na Guía de Galicia, Otero Pedrayo sinala ata catro “ribeiros”: Avia, Verín, Miño e Valdeorras, aínda que outras veces fale tamén do Ribeiro do Barbantiño. Utilízao, pois, como terra de viño regada por un río. En fin, as denominacións dos viños cambian moito. Lembren que antes de “Rías Baixas” falabamos dos viños do Condado, do Rosal, da Ulla… Así pois, a D.O. Ribeiro, unha das 18 primeiras creadas en España en 1932, a única de Galicia daquela, unificou aos viños da Arnoia, Ribadavia, Leiro, Beade, Barbantes, Castrelo… nunha unidade superior.

Te puede interesar