A Coruña acollerá a presentación en España do 'World Press Photo 2011'

O Aquarium Finisterrae da Coruña acollerá a presentación en España da exposición 'World Press Photo 2011', unha mostra que recolle as mellores fotografías xornalísticas do mundo.
A exposición das fotos gañadoras do concurso estarán expostas na Coruña de 28 de abril a 26 de maio, informou hoxe a dirección dos Museos Científicos da cidade nun comunicado.

A fotografía dunha muller de 18 anos fuxindo do home polo seu trato violento no Afganistán, realizada polo artista surafricano Jodi Bieber, foi a gañadora da actual edición do prestixioso certame.

A edición 2011 do World Press Photo pechouse cunha marca de participación, con máis de 108.000 instantáneas presentadas a concurso por parte de 5.847 fotógrafos de 125 nacionalidades.

Te puede interesar