Galicia e Cataluña inauguran mostra agroalimentaria e cultural en Barcelona

A Generalitat de Cataluña e a Xunta de Galicia inauguraron hoxe "Galicia e Cataluña, mostra agroalimentaria e cultural", que se organiza desde hoxe e ata o 1 de xuño no Moll de la Fusta de Barcelona e forma parte da iniciativa Galicia, Pórtico Universal.

Nun comunicado, o goberno catalán informou de que a mostra ofrecerá un espazo cunha cata profesional cun amplo programa de degustacións e unha maridaxe de produtos de calidade, unha exposición de artesanía galega, áreas de información turística e actuacións de grupos musicais como Milladoiro, Riu e Xarop de Canya.

Ao acto de hoxe asistiron o delegado da Generalitat en Barcelona, Fernando Brea, e o secretario xeral de Emigración da Xunta de Galícia, Antonio Rodríguez, canda o rexedor de Comercio, Consumo e Mercados do Concello de Barcelona, Raimon Blasi.

Te puede interesar