PSdeG acusa á Xunta de executar 'políticas lingüicidas' coa 'eliminación' das axudas á promoción do galego

O voceiro de Lingua do Grupo Socialista, Francisco Cerviño, asegurou este venres que a Xunta de Galicia 'persiste nas políticas lingüicidas' coa, segundo denunciaron, 'eliminación das axudas para libros de texto e á promoción local do galego'.
Cerviño fixo referencia á eliminación das convocatorias de axudas para a edición de lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios -400.000 euros- e para a promoción do galego nas entidades locais -de 420.000 euros-, 'tal e como determinan dúas disposicións publicadas' este venres no Diario Oficial de Galicia.

Así, o socialista considera que esta decisión 'constitúe un novo ataque absolutamente violento contra a lingua galega' e que 'enlaza coa derrogación do decreto de uso da lingua galega no ensino e a eliminación do requisito de coñecemento do galego nas probas de acceso á función pública'.

Te puede interesar