SAN MARTIÑO 2018

Marta Míguez: "O deporte é economía e turismo"

Marta Míguez, secretaria xeral para o Deporte da Xunta, destaca a importancia mediática e social da carreira para a cidade 

Os mellores valores do deporte están presentes na carreira de San Martiño, que na súa XLII edición aposta pola pluralidade e a diversidade dentro de unha actividade deportiv pioneira na visualización da igualdade en Galicia. Marta Míguez, secretaria xeral para o deporte da Xunta, e organizadora da proba entre 2003 e 2016 coa excepción de 2006, destaca a importancia económica, turística e deportiva deste evento para Ourense

Cal é a imaxe da carreira de San Martiño en Galicia?

Fora de Ourense a proba é todo un referente, algo que fai que nos enorgullezcamos moito. A proba é un evento de primeiro nivel, unha das que máis xente conflue facendo deporte, non só vendoo, e na que cada quen ponse as súas metas e os séus límites. Ten un percorrido bonito, con paisaxes emblemáticos, sen nada que envexar a calquuera otra cidade con carreiras destas características. O día da carreira de San Martiño Ourense é o centro e o referente do deporte en Galicia.

Como é de importante a proba para Ourense?

A nivel mediático é moi importante. Cando vemos as porcentaxes de inscición de participantes de fora de Ourense nos últimos anos, vemos como esta cifra aumenta ano tras ano dun xeito significativo. Esto aporta non só a súa participación como corredores, tamén un turismo de calidade, xente que ven a correr a San Martiño pero tamén a disfrutar da cidade, da súa gastronomía, a coñecer o seu patrimonio. a San Martiño é un reclamo turístico moi bo, xa que non podemos esquecer que o deporte tamén é economía, non só ocio e lecer. O deporte é un motor económico para a cidade.

Qué valores aporta unha proba coma esta?

Involucra moitos valores que van máis alá dos deportivos. É inclusiva, un paso decidido que se tomou este ano e que se suma a un desenvolvemento que a día de hoxe abarca na carreira a súa vertente absoluta, a de veteráns, a xuvenil, a familiar e a de cativos. Aplaudo esta oportunidade. Todos temos cabida nunha proba que defende a pluralidade e a diversidade.

Cómo foi o seu traballo na organización da San Martiño?

As 13 edicións nas que participei na organización foron dos mellores traballos que se poden ter. E moi reconfortante ver como as pezas van encaixando, con un especial recordo ao traballo dos voluntarios, que son un exemplo de compromiso neste evento tan importante.

Te puede interesar