O mellor kickboxing chega a Os Remedios: 128 deportistas e 28 clubes

Ao evento acudirán 128 deportistas de idades comprendidas entre os 8 e os 40 anos, en ambos sexos, pertencentes a 23 clubes de Galicia, amais da presenza de clubes de Portugal (2 clubes) e Castela-León (3 clubes)

O próximo sábado, 29 de maio, levarase a cabo a celebración do Trofeo Internacional de Kickboxing Cidade de Ourense, na especialidade de Tatami Sport e Ring Sport, no anexo do Pavillón Municipal dos Remedios. O evento está organizado polo clube Escola Deportiva de Kickboxing Cipri Gomes, en colaboración coa Federación Galega de Kickboxing e Muaythai. O evento vai camiño da 17ª  edición e xa é un clásico en Galicia, un dos poucos que se celebran debido á situación pandémica da covid-19.

O torneo foi presentado esta mañá nas instalacións do pavillón nun acto no que participaron Bernardino González, asesor de deportes da Deputación de Ourense, Manuel Pérez, delegado provincial da Secretaría de Deportes da Xunta de Galicia, Cipriano A. Gomes Estévez, presidente da Federación Galega de Kickboxing, Rubén Batán Álvarez, técnico da Federación Galega de Kickboxing e Aníbal Blanco, asesor de deportes do Concello de Ourense.

Para Aníbal Blanco ten “un mérito enorme a celebración deste trofeo e contar con 128 participantes. É un éxito de convocatoria” dadas as circunstancias sanitarias que estamos vivindo. O Concello de Ourense apoia este tipo de iniciativas  para que “a nosa xente faga deporte”.

A competición desenvolverase durante toda a xornada do sábado, dende as 08:30 horas, na especialidade de Tatami Sport (contacto lixeiro), finalizando cunha gran gala de especialidade de Ring  Sport (contacto pleno) entre as seleccións de Galicia e Andalucía, as 18:30 horas.

Ao evento acudirán 128 deportistas de idades comprendidas entre os 8 e os 40 anos, en ambos sexos, pertencentes a 23 clubes de Galicia, amais da presenza de clubes de Portugal (2 clubes) e Castela-León (3 clubes)

Te puede interesar