MOTOR

Presentada la X Subida o Furriolo

Deputación de Ourense - Presentación da X Subida O Furriolo_result
photo_camera Jose Antonio Pérez Cortés, Teresa Barge, Bernardino González, Iván Corral, Jorge Varela Álvarez.

A carreira terá lugar os días 22 e 23 de agosto

O asesor de deportes da Deputación de Ourense, Bernardino González, a alcaldesa de A Bola, Teresa Barge, o presidente da Mancomunidade Terra de Celanova, Jose Antonio Pérez Cortés, o presidente da Federación Galega de Automobilismo, Iván Corral e en representación da escudería Celanova Motor, Jorge Varela Álvarez, presentaron esta mañá a X Subida O Furriolo terá lugar os días 22 e 23 de agosto.

O trazado que os pilotos percorrerán este fin de semana foi inaugurado no 2012 e celébrase na carretera OU-131. A saída terá lugar no punto quilométrico 7,1 e a chegada efectuarase no quilómetro 2,1, cun percorrido total cronometrado de 5.000 metros por estrada asfaltada.

Segundo Iván Corral, esta X Subida O Furriolo contará “con participantes de gran calidade como Javier Villa (BRC B49), que é un dos referentes”, así como, Jose Antonio López Fombona (Audi A4 DTM), Jonathan Álvarez (BRC 05EVO), Jacobo Sobral (Silver S2) e pilotos locais como César Rodríguez (BRC B49) e Abrahán Vázquez (Peugeot 206), entre outros. Ao redor de 50 pilotos que farán deste fin de semana dous días de motor de calidade xa que, “non é unha proba con moita cantidade de pilotos pero sí con pilotos de gran calidade”, engadiu Iván Corral.

Te puede interesar