A autorización ambiental de PSA, a información pública

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, publicou onte no DOG o anuncio para a renovación da autorización ambiental integrada (AAI) da factoría que a empresa Peugeot-Citroën Automóviles España ten na cidade de Vigo.
A autorización ambiental integrada desta compañía, que se outorgou no 2006 e cun prazo de vixencia de 6 años, rematarase o mes de xuño do vindeiro ano.
A empresa solicitou a renovación da vixente AAI e, unha vez completada a documentación necesaria, sométese agora a información pública polo prazo de 30 días hábiles, onde se recollerá o estado ambiental da instalación, incorporando aquelas modificacións que se fixeron ao longo destes últimos años.
Agora se establecerán os condicionantes ambientais de dita instalación, así como os valores límite de emisión, fixando tamén un programa de vixilancia e control ambiental, cuxo cumprimento está controlado pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental e que se refire ao control de aspectos como os olores, a presión sonora e vibracións; os vertidos líquidos; ou a protección de augas subterráneas.

Te puede interesar