Unha nova dinámica económica

Rogelio Martínez, o empresario Mario Dacosta, Alberto Núñez Feijoo e Javier Guerra
O Programa Impulsa Ourense é unha iniciativa promovida polo Goberno galego da Xunta de Galicia para apoiar e impulsar a dinamización económica da provincia e facilitar o desenvolvemento da actividade empresarial e da iniciativa privada.Trátase dun pulo á Galicia interior, dentro da aposta da Xunta polo reequilibrio territorial, baseada nos principios de solidariedade e cohesión.
A Xunta antes de que se aprobara o plan estratéxico puxo en marcha unha serie de medidas transitorias de apoio ao investimento, que pasan fundamentalmente por axudas directas para proxectos de investimento, préstamos subvencionados para o financiamento de investimentos e préstamos do Banco Europeo de Investimentos.

Medidas de discriminación positiva cara a provincia ourensá, como baixar de 500.000 a 200.000 euros o importe mínimo de investimento para poder acollerse ás axudas. Ademais, garántese un mínimo de subvención do 20% para proxectos novos e do 15% para proxectos de ampliación.

LÍMITE MÁXIMO


Elévase o límite máximo actual de subvención, que é do 30%, ata un total do 50% para investimentos realizados por pequenas empresas e o 40% para empresas medianas. No caso dos préstamos do Banco Europeo de Investimentos, se concederán transitoriamente a tipo 0%.

O obxectivo do Programa Impulsa Ourense, que terá un período de vixencia de seis anos, é incentivar os investimentos produtivos na provincia e fomentar as actividades empresariais, creando emprego coa meta de acadar a igualdade de oportunidades e a cohesión territorial de Galicia.

O plan inclúe un diagnóstico da situación ourensá e unha definición dos sectores estratégicos e as medidas a poñer en marcha. Detecta con claridade as fortalezas e as debilidades da provincia e iso permítenos aprender que hai carencias que se deben cubrir no futuro, apostando especialmente por sectores emerxentes.

Trátase dun plan estratéxico no que está implicada toda a Xunta, todas as consellerías.

MEDIDAS TRANSITORIAS

O goberno galego manterá as medidas transitorias postas en marcha no último ano para calquera emprendedor que aposte por Ourense, facendo fincapé nas que incidan na innovación e na internacionalización, ao tempo que vai intensificar o seu compromiso cos sectores estratéxicos definidos no Plan Impulsa Ourense.

Mantemos e intensificamos a aposta por unha Galicia única, e porque toda a provincia de Ourense se sume a esa Galicia única e equilibrada, que conte coas mesmas oportunidades que o resto de Galicia.

Os beneficiarios de este orograma son as empresas e emprendedores que teñan un proxecto de implantación na provincia de Ourense e que poden optar a distintas liñas de axudas, entre as que se atopan axudas directas ao investimento mínimo do 20%, préstamos ao 0% de xuro para proxectos empresariais que comprendan unha inversión subvencionable de entre 240.000 euros e un total de 25 millóns de euros e amplo apoio técnico e asesoramento para os novos proxectos que se poñan en marcha.

Te puede interesar