Presidente do Partido Galeguista

Xesús Manuel Suárez: ’O Partido Galeguista vai ser a alternativa’

Xesús Manuel Suárez.
O Partido Galeguista mantivo o pasado sábado en Monforte o seu noveno congreso, no que Xesús Manuel Suárez García foi elexido como presidente.

Promoveu a campaña de desobediencia civil a prol da normalización de ’OU’ nas matrículas dos coches, e foi quen recibiu a primeira e a última das multas que se impuxeron en Ourense (que aínda conserva).
Manuel Suárez, compostelán de nacemento pero residente en Ourense dende hai máis de 20 anos, ven de ser elexido presidente do Partido Galeguista (PG), no que ten unha longa traxectoria: participou na súa refundación en 1978 e ocupou en varias etapas a Secretaría Xeral e a Vicepresidencia. Mentres, Manoel Soto, secretario xeral saínte, encabeza a lista da executiva nacional.




Foi unha posta ó día con respecto ó anterior, en cuestións como a identidade e a necesidade de ser un partido aberto. O PG ten unha tradición histórica moi importante, pero sempre de renovación. Temos que pór a Galicia onde lle corresponde, que a construcción do Estado se faga dende aquí, non dende o centro. Tamén defendemos unha política de concordia. Estivo no Congreso un representante de Terra Galega, partido co que hai un entendemento cordial, e do BNG non puideron asistir porque tiñan outro acto.




Que Galicia se recoñeza como a entidade que é, coa súa historia, e que estea en España como unha forza determinante. A reforma é moi urxente, pero está en ’stand-by’. Galicia non está posicionada para poder reclamar do Estado a presencia que lle corresponde. Entristece que o BNG considere un éxito conseguir transferencias a un prezo tan elevado como é apoiar a unha ministra nefasta para Galicia.




Hai que preguntarlle primeiro aos dous socios de Goberno, pero eu creo que recibirían de bo grado outro socio. Hai que ter en conta que algo cambiou, pero non todo: o bipartito fai cousas que, se as chega a facer o PP, poríamos o berro no ceo, como quitar ou pór xente por afinidades. Con esto non defendo ó PP, pero a xente queixase moito, está bastante decepcionada. Debe xurdir unha forza aberta a pactar con calquera que demostre estar disposto a loitar por Galicia.




Ter un grupo parlamentario propio. Actualmente, hai un 30% de abstención ou votos en branco, e hai xente que se decanta polos partidos que están no Parlamento porque non hai outra cousa mellor, pero están moi decepcionados. Nós queremos ser esa alternativa: moderados na posición ideolóxica, con sentido na defensa dos intereses de Galicia e avanzado socialmente. Cremos que hai receptividade na sociedade galega.




Ata agora medramos por ósmose, porque estamos insertos na UE e calquera país dentro dela medra. Pero dependemos dos cartos que viñan de Europa e iso remata. Nuns anos levaremos desagradables sorpresas, porque a situación vai ser moito máis competitiva. Precisamos máis I+D, constituirnos como polo na comunidade Galicia-Norte de Portugal e, moi importante, acabar coa mentalidade do subsidio e a dependencia das subvencións.




Deberíamos ter unha maior capacidade de iniciativa. Non é de recibo que o BNG salve o pescozo da ministra de Fomento na súa reprobación, que foi nefasta para Galicia, burlouse de nós. Debería de ser unha cuestión de país, e PSOE, BNG e PP deberían estar reclamando ó unísono, todos do mesmo lado. Hai que recuperar ese espírito e forxar un gran pacto global.

Máis alá de cuestións políticas, hai que pulsar a opinión da rúa: a xente está alporizada. A sanidade non se debe xestionar con criterios políticos, senón con pragmatismo, realismo e dotacións orzamentarias adecuadas.




Vendeuse un goberno municipal en sintonía coa Xunta que ía permitir obter máis achegas para Ourense, e non está sendo así. Hai que conseguir moito máis. E hai cousas paradas, como o complexo de San Francisco, o desenvolvemento termal... O goberno municipal actúa pensando en quen sae máis na foto que en ter unha estratexia de grupo.

Te puede interesar