Desfiles, xantar e concursos, no Entroido 2024 de Ribadavia

La Casa Consistorial del Concello de Ribadavia.
photo_camera La Casa Consistorial del Concello de Ribadavia.
Un adelanto de la programación del Entroido de Ribadavia

A Concellería de Cultura de Ribadavia ultima a programación do Entroido que arrancará o 1 de febreiro co Xoves de Compadres, amenizada a festa pola charanga Bandiños Band. Haberá un obradoiro de máscaras o 6 e dous días despois desfilarán os alumnos do Conservatorio de Música coa celebración de Comadres a partir das 20,00 horas.

Continuarán os desfiles o 9 de febreiro dos nenos da Galiña Azul; CRA Amencer e do CEIP Ribadavia.

O gran desfile de comparsas, carrozas e charangas está previsto para o día 11. As comparsas terán un mínimo de 10 persoas, sen máximo de compoñentes, e terán que anotarse previamente no Concello, na Casa de Cultura ou no correo electrónico [email protected] antes do 5 de febreiro. Terán que achegar os datos do responsable da mesma, co nome, teléfono e número de compoñentes. Terán que presentarse ese domingo, ás 17,00 horas, no IES O Ribeiro, e recibirán 200 euros por comparsa, 150 por carroza e 100 euros por cantar as coplas.
Ademais, as comparsas teñen dereito a unha subvención de 5 euros por participante no desfile.

O luns haberá festa infantil e o día 13 un xantar popular na Alameda e concurso de disfraces, rematando o Entroido co tradicional Enterro da Sardiña e co Sábado de Piñata organizado por Ribadavia Activa.

Te puede interesar