ENTROIDO

Entroido 2020: O rexurdir dos Galos de San Pedro da Mezquita

A MEZQUITA (A MERCA). 03/03/2019. OURENSE. Desfile de Os Galos, en el entroido de A Merca. FOTO: ÓSCAR PINAL

Na localidade da Merca, o Entroido ten unha cita importante na Mezquita cunha das celebracións máis tradicionais e arraigadas da provincia

Na localidade da Merca, o Entroido ten unha cita importante en San Pedro da Mezquita, cunha das festas máis arraigadas da provincia. A personaxe propia da Mezquita é o "Galo", unha figura tradicional que conta con máis de 250 anos de historia.

Explica Manuel Vispo, un dos organizadores do Entroido da Mezquita, que a tradición dos Galos "perdeuse nos anos 60". Tras recuperarse a finais da década dos 80 por iniciativa dun veciño, nos últimos 18 anos seguiuse a traballar na recuperación desta celebración. Especialmente, nos últimos oito anos este Entroido incrementou o seu auxe, chegando aos 50 Galos que inclúen na actualidade.

Estamos ante unha figura que sempre leva a cara tapada cun antiface e cunha colorida máscara con forma de galo. O seu traxe está decorado con sete pañoletas e adornado con xoias en tons dourados, moi vistoso, crese que para chamar a atención. "A figura do galo era a do recaudador de impostos", por iso se cre que a súa indumentaria pretendía chamar a atención. Sempre van acompañados dunha caxata coa que amedrentaban á xente.

A dos Galos é unha festa tradicional que soubo adaptarse aos tempos actuais. "Antigamente os galos só eran homes solteiros", mais agora tamén forma parte as mulleres, con independencia de que sexan solteiras ou casadas. Neste senso, tamén dan moita importancia a incluir ás novas xeracións nos Galos dende pequenos co obxectivo de que manteñan este tradicional Entroido.

Te puede interesar