Entroido 2020

28 personaxes do Entroido ourensán: dos Puchos ás Pantallas e aos Vergalleiros

fol
photo_camera Os follateiros de Lobios.
Consulta o mapa interactivo para saber cal é a figura típica da túa localidade

A provincia de Ourense prepárase para celebrar unha das súas festas máis características, o Entroido. Considerada como Festa de Interese Turístico en vilas como Xinzo de Limia ou Verín, o Entroido ourensán é famoso pola súa tradición e, por suposto, pola súa troula, converténdoo nunha das celebracións de máis renome, tanto dentro como fóra das nosas fronteiras.

Pero se hai un protagonista no Entroido ourensán, sen dúbida son as súas figuras, eses personaxes típicos de cada vila. Dende os Peliqueiros de Laza ás pantallas de Xinzo ou aos Cigarróns de Verín, estes son os protagonistas do Entroido ourensán.

Consulta as personaxes do Entroido típicas de cada localidade ourensá

O Vellarón de Riós

Típicos de Castrelo de Cima, os Vellaróns convertéronse en todo un emblema do Entroido no Concello de Riós. Unha personaxe cuxo traxe se compón de roupa colorida e dun cinto de esquilas. Tamén leva unha careta, na que se representa unha cara humana, acompañada dun tocado con cintas cheas de cor.

VIANA 11/01/2020 .- Mascarada ibérica en Viana.Vellaróns (Riós) José Paz

As pantallas de Xinzo de Limia

Recoñecido como Festa de Interese Turística, non se concibe o Entroido de Xinzo de Limia sen as súas Pantallas. Recorren as rúas da vila acompañadas sempre de dúas vexigas de vaca en cada man coas que asustan ao público cada vez que golpean.

XINZO DE LIMIA (PRAZA MAIOR). 03/02/2018. OURENSE. Salida de las pantallas, la máscara de Xinzo de Limia en el Domingo de Corredoiro. FOTO: ÓSCAR PINAL

Aínda que o limiao é o Entroido máis longo da provincia, cun mes de duración, os asistentes teñen que esperar ata o terceiro domingo, o Corredoiro, para poder disfrutar da presenza das Pantallas. Con camisa e pantalón brancos e cubertos cunha capa vermella, levan un cinto con campanas cuxo repicar soa en toda a vila para anunciar a súa chegada.

Chocalleiros de Vilardevós

Despois de 40 anos, Vilardevós segue traballando para recuperar a figura típica do seu Entroido, os Chocalleiros. Ataviados cunha máscara e con coloridas cintas, o Chocalleiro é inconfundible polo son das chocas que o acompañada cando recorre a localidade.

Cigarróns de Verín

O Entroido de Verín tamén está considerado Festa de Interese Turística. En Verín o protagonista é o Cigarrón, cuxa máscara está considerada como unha das máis antigas da comarca. Sobre a máscara, acompañase dunha follalata pintada con diversos motivos de temática animal. Na cintura levan un cinto de coiro, do que colgan as chocas, características da festa verinesa polo seu son.

Felos de Maceda

En Maceda o protagonista do Entroido é o Felo. Como nos casos anteriores, leva a cara tapada por unha máscara, neste caso de xesto máis serios. O seu traxe inunda a vila de colorido e acompáñase dunha mitra decorada con animais típicos da serra de San Mamede. Ao Felo sempre o vemos acompañados dun bastón.

MACEDA (CASTRO DE ESCUADRO) 2/03/2019.- Salida de los felos de Maceda por las aldeas de San Mamede. José Paz

Boteiros de Viana do Bolo

A cor e a tradición do Boteiro son os protagonistas na localidade de Viana. Considerado como un dos Entroidos máis antigos, a figura do Boteiro reivindica a tradición e as raíces dos entroidos rurais. A variedade de cores inunda tanto o seu traxe coma a súa máscara.

Viana do Bolo. 07-02-16. Provincia. Domingo gordo de <a  data-cke-saved-href='/seccion/entroido' href='/seccion/entroido'
title='Entroido'>Entroido en Viana do Bolo.
Foto: Xesús Fariñas

Peliqueiros de Laza

O terceiro protagonista do triángulo máxico de Ourense é o Peliqueiro. Cunha vestimenta chega de cor, a figura do Peliqueiro leva sempre o rostro cuberto por unha máscara. Sobre ela, levan unha mitra na cabeza, pintada con debuxos de animais. Ao igual que os Cigarróns, levan colgando as chocas que fan soar cando corren o Entroido polas rúas de Laza. A súa vestimenta complétase cunha pelica por detrás da máscara, a modo de coleta, que lle da nome ao seu personaxe.

Laza 11/02/2018.- Estrena de peliqueiros en Laza. José Paz

Boteiros de Vilariño de Conso

Ao igual que en Viana, a figura protagonista do Entroido en Vilariño de Conso é o Boteiro. A súa presenza inunda de cor e tradición as rúas da localidade e, coma no caso anterior, trátase dun dos entroidos máis antigos e arraigados.

Participantes en el desfile del Domingo Gordo del año pasado en Vilariño de Conso (XESÚS FARIÑAS).

Bonitas de Sande

No Concello de Cartelle, o Entroido ten unha cita en Sande. Unha celebración na que as “Bonitas” son as auténticas protagonistas. A máscara destas figuras está acompañada dun armazón de madeira, así como por plumas, panos e coloridas cintas que colgan da parte traseira do traxe. Acompañadas do oso e da vaca, as Bonitas son as encargadas de levar o Entroido por todos os recunchos de Sande.

bonitas de sande

Mázcaras de Manzaneda

O Entroido de Manzaneda tamén ten o seu propio personaxe, trátase das “mázcaras” que, a pesar do seu nome, levan o rostro descuberto. Ataviado cun enorme tocado, a mázcara leva unha camisa, polainas e botas altas, acompañadas de coloridas cintas. Algo que caracteriza a estas personaxes é que durante os desfiles de Entroido van cantando.

Las mázcaras bailan ante el fulión, en Manzaneda.

Gárgolas de Celanova

A máscara por excelencia do Entroido celanovés son as gárgolas. Inspiradas na decoración do Claustro Barroco, buscan asentarse como parte da tradición do entroido da vila.

A Pita de Eiroás

Xa na cidade, o Entroido tamén ten o seu particular triángulo máxico. Trátase do conformado por Seixalbo, A Ponte e Eiroás. Neste último barrio, a protagonista é a Pita e a súa voda. Unha festa chea de troula e sátira, na que os veciños recrean a voda entre dous viuvos, a voda da pita.

OURENSE. 13/02/2018 Eiroas. Celebracion Boda da Pita. Martes de <a  data-cke-saved-href='/seccion/entroido' href='/seccion/entroido'
title='Entroido'>Entroido. Foto: Miguel Angel

Paquita e Nicanor, Seixalbo

Se hai unha figura típica no Entroido de Seixalbo, esa é a conformada por Paquita e Nicanor. A parella regresa á localidade para disfrutar cos veciños dunha festa na que a troula ten o seu lado romántico e pícaro.

Seixalvo. 08-02-15. Local. Entroido en Seixalvo con Paquita e Nicanor.
Foto: Xesús Fariñas

Frei Canedo na Ponte

Aínda que de recente creación, o barrio da Ponte tamén presume de figura propia do Entroido. Trátase de Frei Canedo, en honor ao barrio. Unha esta chea de troula, sátira e burla.

Ourense. 27-02-2017. Desfile de Frei Canedo en A Ponte. Paz

Os Vergalleiros, Sarreaus

A súa ubicación xeográfica, preto de Xinzo de Limia e de Verín, fai que en Sarreaus o Entroido sexa unha festa importante. Unha celebración na que a súa figura protagonista é o Vergalleiro. O seu traxe está formado por unha blusa blanca e un chaleco negro, polainas, unha faixa vermella com pompón e unha cabeza decorada con motivos celtas. Ademais, o vergalleiro sempre leva consigo un corno que fai soar mentres recorre a vila para facer a todos partícipes na gran festa do Entroido.

Sarreaus. 03/03/2019. Desfile de entroido de Sarreaus.
Foto: Xesús Fariñas

Troteiros de Bande

Despois de 60 anos desaparecidos, Bande recuperou á personaxe protagonista dos seus entroidos: os troteiros. Cun traxe blanco, levan a cara cuberta baixo un manto blanco.

Madamitas e madamitos de Entrimo

Ataviados con traxes brancos, manto vermello e cara baixo un velo, madamitas e madamitos recorren cada ano as rúas de Entrimo para celebrar o Entroido.

Las madamitas de Entrimo, en procesión (ÓSCAR PINAL).

Follateiros de Lobios

Trátase dunha figura tradicional do Entroido desta zona da Baixa Limia que se recuperou recentemente. Esta personaxe vai vestido con farrapos vellos que tapan con follatos, de aí o nome.

fol

Cabreiros de Muiños

O Cabreiro simboliza a un animal típico desta zona de montaña. O seu traxe caracterízase pola máscara coa cabeza do animal, e por un bastón do que colga o rabo dun raposo. Leva un cinturón do coiro do que colgan as chocas.

Os galos da Mezquita

En San Pedro da Mezquita, no Concello da Merca, o protagonista do Entroido é o Galo. Unha figura cuxa presenza enche de cor e alegría a aldea. É opcional a máscara.

Labardeiros e Señoritas de Mugares

En Mugares, Toén, o Entroido ten dúas figuras típicas: as Señoritas e os Labardeiros. Mentres as Señoritas van ataviadas cunha falda branca decorada con motivos florais, os Labardeiros tamén visten de camisa e pantalón branco adornados con flores. Ademais, sempre levan unha labarda (instrumento que se usaba para mallar o trigo) na man, de aí o seu nome.

OURENSE 13/02/2018 Toen, local social de Mugares. <a  data-cke-saved-href='/seccion/entroido' href='/seccion/entroido'
title='Entroido'>Entroido de Labardeiros. Foto: Miguel Angel

Os Anxeos de Parada de Sil

Na Ribeira Sacra os Anxeos son os protagonistas desta festa. Vestidos con antigos sacos de patacas, os Anxeos desfilan por Parada de Sil para facer partícipes aos veciños da festa do Entroido.

PARADA DE SIL, OURENSE10/2/2018, Anxeos en parada de Sil, foto Gonzalo Belay

Zarramoncalleiros de Cualedro

O Entroido de Cualedro tamén ten a súa figura propia. Ataviado con máscaras, levan na parte posterior mitras en tonos amarelas sobre as que se debuxan motivos florais e de vexetación autóctona.

CUALEDRO (CUALEDRO). 10/02/2018. OURENSE. Entroido en Cualedro, la periodista de La Región, Paula Palomanes, se viste de Zarramocalleira, máscara típica del entroido de Cualedro. FOTO: ÓSCAR PINAL.

Mázcaras da Xironda

Na localidade de Cualedro o Entroido ten unha segunda figura propia: as Mázcaras da Xironda. Cun pasado común cos Zarramoncalleiros, as Mázcaras visten un traxe cheo de color, acompañado das súas máscaras e da follalata, na que predominan os motivos animais.

Peliqueiros e Parranfóns de Campobecerros

Moi próximo a Verín, no Concello de Castrelo de Val, o Entroido tamén ten a figura típica: Peliqueiros e Parranfóns.

CASTRELO DO VAL (CAMPOBECERROS). 10/02/2018. OURENSE. <a  data-cke-saved-href='/seccion/entroido' href='/seccion/entroido'
title='Entroido'>Entroido en Campobecerros con una reunión y comido de peliqueiros. FOTO: ÓSCAR PINAL.

Os Charrelos a Veiga

Tras anos desaparecidos, A Veiga está traballando para recuperar a figura estrela do seu Entroido, os Charrelos, que sempre van acompañados dos Fulións e do boi. Unha figura representativa das terras de montaña da Veiga.

1

Touro e Xigante de Celavente

As figuras propias do Entroido de Celavente, no municipio do Bolo, son o touro e o Xigante. O xigante é o encargado de guiar ao toro. Leva a cara descuberta, traxe Branco e banda vermella. O toque distintivo é o sobreiro, cheo de flores. O touro, sola súa parte, vai cunha colcha floreada e con flocos.

VIANA 11/01/2020 .- Mascarada ibérica en Viana. Toro e Xigante de Celavente. José Paz

Puchos de Buxán - O Bolo

Tamén no municipio do Bolo, pero no lugar de Buxán, o Entroido ten unha figura típica, os Puchos. A súa máscara está acompañada por un colorido sombrero, adornado con cintas de cores. O seu traxe está conformado por diferentes telas, gravita e cinta, creando un auténtico espectáculo de cor.

Este año, tu Entroido tiene premio. ¿Cómo participar? 📸👹 ¡MÚY FÁCIL!⠀ 1⃣ Síguenos en Instagram 2⃣ Sube tu foto de entroido mencionando a @laregion y usando el hashtag #entroidolaregion ⠀ ¿Qué puedes ganar? 🏆PREMIOS🏆 ⠀ 👉 Entre TODOS LOS PARTICIPANTES se sorteará un INCREÍBLE VIAJE A TENERIFE 🏖 para dos personas 💕 en régimen de alojamiento con desayuno ☕🥐 y transportes al aeropuerto incluidos. ⠀ Además un jurado propio elegirá a los ganadores de las dos categorías del concurso: ⠀ 🎭 MEJOR DISFRAZ INDIVIDUAL | Premio de un FIN DE SEMANA en el balneario de MONDARIZ 🏛 con desayuno y circuito SPA incluido ♨ ⠀ 🎭 MEJOR DISFRAZ DE COMPARSA | Premio de una CENA para un máximo de 25 PERSONAS (quienes aparezcan en la foto) en un restaurante de Ourense 🍽🥂 ⠀ ¡No te lo pienses! 📸👹 Fotografía tu disfraz, comparte tu foto con nosotros menciándonos (@laregion), sin olvidar el hashtag #entroidolaregión y LLÉVATE UN PEDAZO DE PREMIO‼ ⠀ #OurenseTerradoEntroido #LaRegión #Sorteo #Viaje #SorteoViaje #Concurso #Fotografía #Tenerife #Mondariz ⠀ Bases legales | Link en la bio.

Una publicación compartida de La Región (@laregion) el

Te puede interesar