Trabazos danzará ao son do fulión o sábado 27

Momento da foliada en Placín no ano pasado.
photo_camera Momento da foliada en Placín no ano pasado.
Os asistentes poderán disfrutar dun xantar cun prezo de 20 euros

O entroido é a festa por excelencia no concello de Manzaneda, son moitas as saídas cos fulións polas distintas aldeas nas noites deste mes, pero outra das citas agardadas por veciños e visitantes é o día da “Fuliada da Mourela Pra Acá”. O fulión da Mourela Pra Acá celebra este encontró rotando cada ano nunha aldea diferente e este ano será Trabazos quen acolla esta festa. Arredor das 11,30 horas dará comezo a fuliada.

Bombos, cornas e aixadas do folión da Mourela “pra acá” citaránse na entrada da aldea coas elegantes mázcaras presidindo o grupo. Alí, seguindo a tradición, algúns dos integrantes solicitarán o permiso en forma de verso para poder entrar. Alguén do pobo de Trabazos concederá ese permiso tamén en verso e co renxer das esquilas das mázcaras e o son dos bombos, iniciarán a ronda polas rúas da pequena aldea.

Veciños tocando acompañarán ese ritmo telúrico, mentres as mázcaras bailarán xirando sobre si mesmas, lucindo as súas chamativas cores da vestimenta e pucho. Ao remate da ronda polo pobo, unha carpa estará preparada para acoller ao público asistente. As obras de teatro creadas polos propios veciños da Mourela “pra acá”, onde tratan temas de actualidade por todos coñecidos, serán o plato forte na carpa antes de convertirse en comedor. Ao remate, a fariñada deixará a todos cubertos de branco. 

As entradas para o xantar poden mercarse contactando cos representantes do fulión.

Te puede interesar