Os referentes no mundo das ideas gráficas e da xestión gastronómica

Jorge Guitián, 
Pepe Cruz y 
Mariana Pineda (de izquierda a derecha).
photo_camera Jorge Guitián, Pepe Cruz y Mariana Pineda (de izquierda a derecha).
O arquitecto Pepe Cruz e o xornalista Jorge Guitián protagonizan a xornada sobre deseño e patrimonio

A arquitectura, a publicidade e a escritura son algunhas das disciplinas incluídas nas necesarias industrias culturais e creativas. Para entrar nestes terreos cos mellores guías, a oitava edición da Ourense ICC Week organiza o mércores, día 27 de abril, dous encontros de alcance no Centro Cultural Marcos Valcárcel. O primeiro con Jorge Guitián, historiador da arte especializada na xestión de patrimonio cultural e unha das voces máis autorizadas no escenario gastronómico nacional. A segunda cita será co deseñador e arquitecto Pepe Cruz, do estudo Cruz más Cruz. Os relatorios contarán coa presenza dos alumnos CIFP A Farixa no primeiro caso e os da Escola de Arte e Deseño Antón Faílde, no segundo.

A Ourense ICC Week mantén con esta cita a súa aposta por amosar os diferentes ámbitos que forman a gran familia das industrias creativas e culturais e ao mesmo tempo cumpre co obxectivo de implicar as novas xeracións.

Jorge Guitián é historiador da arte, especializado en arte prehistórica e en xestión do patrimonio cultural, tamén e investigador aínda que o que mellor o define é a súa enorme paixón pola gastronomía e a boa cociña. Despois de traballos variados decidiu aplicar os seus coñecementos da xestión cultural ao campo gastronómico.  Crea o Laboratorio de Ideas Gastronómicas, que chega á actualidade, xunto con Anna Mayer, baixo o nome de Guitián-Mayery. O seu traballo foi recoñecido co Premio Nacional de Periodismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro ou co Gourmand World Cookbook Award, entre outros.  Actualmente firma para o diario La Vanguardia, a revista Condé Nast Traveler e a Guía Repsol, entre outros.

Mércores, 27 de abril, ás 11,00 horas, no Centro Cultural Marcos Valcárcel.

Pepe Cruz, deseñador e arquitecto  desenrola traballos de ambas actividades no seu estudio Cruz más Cruz. Falará de “De Cruz Novillo a Cruz más Cruz: 65 anos deseñando España”. O seu pai (Cruz Novillo) foi o primeiro deseñador español en introducir o deseño corporativo de marca no país e ao seu talento creador débense logotipos como o globo terráqueo do periódico El Mundo, o puño e a rosa do PSOE, a cor azul da Policía Nacional, entre outros.

Mércores, 27 de abril, ás 12,00 horas. Centro Cultural Marcos Valcárcel.

Te puede interesar