Exdirector de Galicia Hoxe

CAETANO DÍAZ:“Un gobernante ten que dar solucións e non só dicir que todo vai moi mal'

Caetano Díaz
O pasado martes, Caetano Díaz botou o peche de Galicia Hoxe, o único xornal de pago que se publicaba en galego. É a experiencia máis amarga da sua vida profesional.
Que significa para Galicia e para o xornalismo perder o único diario en galego de pago que quedaba?
Pérdese unha voz e cando perdes unha voz, falando de comunicación, pérdese pluralidade, e cando perdes pluralidade, perdes calidade democrática. Si temos en conta a traxectoria de Galicia Hoxe, pérdese unha voz crítica cos poderes. Foi crítico dende que naceu, nos estertores da era Fraga, foi crítico co bipartito e seguiu sendo crítico con Feijóo. Galicia Hoxe tiña unhas sinais de identidade que as mantivo dende que naceu ate que morreu. É o que queda aí.

Isto é un ermo, é un pequeno inferno. Eu intento ser positivo, e máis, nestes anos escuros que estamos a vivir. Eu sumo Galicia Hoxe á experiencia do Correo Galego que puxo en marcha e que mantivo José Manuel Rey, e digo o que se di nas festas, 'que me quiten o bailao'. Foron 18 anos estupendos de periodismo distinto e con moita liberdade, con momentos malos, pero tamén con momentos bos, creo que o balance é claramente positivo, pero iso é o único que podo dicir bo nestes momentos, porque no que penso non é na perda de pluralidade, penso en 19 compañeiros e nas súas familias que nestes momentos están nas súas casas, que van ó paro, e que teñen unha perspectivas negras para encontrar traballo a curto e a medio prazo. Eran moi bos profesionais, con moita entrega e con gañas de facer cousas.

Eu pensaba isto dende o 1 de marzo de 2009. Que pensaba que fose a ocorrer agora? Pensaba que iamos morrer, porque vin esa noite como entraba o Goberno Feijóo. Eu durante os anos do bipartito fun da xente crítica que falou ben de Feijóo, parecíame un líder moderno para o centro dereita galego e parecíame que cando chegase o poder faría un papel digno para Galicia. Dous anos despois, paréceme un absoluto desastre para este país. O único que nos ofrece o señor Feijóo e sangue, suor e vágoas, pero creo que el non é Churchill. Un gobernante ten que ofrecer alternativas e solucións, non dicir que todo vai moi mal e que a solución é recortar, porque iso é moi fácil. O grupo Correo Gallego tivo que recortar, a decisión é moi fácil, pero as consecuencias son absolutamente terroríficas. Desmantelan unha sociedade e déixanche casi sen horizonte, mátanche as esperanzas de futuro, non é o papel dun gobernante. Por aí, non imos cara a ningún sitio.

O peche é por todo, é un especie de cóctel letal neste caso. A crise estanos matando a todos os medios. A comunicación é un dos sectores que máis está a sufrir a crise, porque ó retraerse a economía, unha das patas do noso negocio que é a publicidade, o piar principal, está absolutamente inutilizado. Penso que os medios de comunicación teñen que ser negocio, pero tamén que son un sector estratéxico para a sociedade. Sempre o pensei. A viabilidade dos medios, si estaba ligada as axudas públicas como está nestes momentos, a súa supervivencia depende en moi boa medida dos cartos que lle achega a Xunta de Galicia. A Xunta é o primeiro cliente publicitario, en subvencións, de todos os medios de Galicia, e non creo que iso sexa malo. O que creo que é malo é que as axudas se concedan de maneira arbitraria e graciosa por cada goberno que chegue. Creo que iso debería ir a unha lei o Parlamento, unha lei de axudas os medios de comunicación que fose consensuada, transparente e xusta.
Nos morremos pola crise, pero porque o Goberno do señor Feijóo nos castigou, el saberá por que o quixo facer así, e condenou a pechar ó único periódico en galego. Cando digo que o señor Feijóo asasina a sangue fría o proxecto de Galicia Hoxe, dígoo por estas cousas, non é unha cuestión persoal miña contra o señor Feijóo, porque están aí as hemerotecas. Eu sempre falei ben, pero confundinme, porque dous anos de xestión convencéronme de que fai una política contra o galego.

Paréceme imposible. No caso do País Vasco a prensa que se pechou, moita estaba ligada a movementos abertzales, e cando se pechaba, había un movemento popular que poñía en marcha outro periódico. No caso de Cataluña, o primeiro xornal que saíu, Avui, foi un fracaso como negocio, polo menos na teoría, porque despois, El Periódico crea a súa edición en catalán e é un éxito. Logo nace Ara e mais tarde, La Vanguardia tamén crea unha edición en catalán. Isto fálame de sociedades normalizadas que queren e conviven co seu idioma, coidan de el e entenden que con el a sociedade pode mellorar.

Será un produto experimental dentro das edicións dixitais do Grupo. Sabemos que é un sitio de futuro e que non podemos renunciar a el, pero ninguén fai negocio na Rede. Con Galicia Hoxe queremos usar a cabeza e botarlle imaginación para ofrecer un produto alternativo. Imos dedicar o verán a pensar en todo iso e no último trimestre do ano, ímolo por en práctica. Xa veremos o que sucede.

Penso que a curto e medio prazo é casi imposible, e a longo prazo, moi difícil. Entendo que a Historia falará ben do Galicia Hoxe na liña ou media liña que lle adique, pero estamos con moita dor, estamos en estado de shock. Antes falábase do minifundismo, do autoodio e creo que os galegos non nos queremos a nos mesmos, non valoramos o que somos, que forma parte do noso ADN e da nosa historia, e é o que nos distingue do resto, nin mellores nin peores, distintos

Te puede interesar