O catálogo de fármacos respeta a prescripción

O deputado do Grupo Popular e presidente da Comisión de Sanidade do Parlamento galego, Miguel Santalices, reiterou que o catálogo farmacéutico que se vai elaborar por proposta deste grupo respectará a libre prescrición do médico e salientou que a proposta do PSOE de implantar a obrigatoriedade de prescribir só por principio activo sería discriminatoria.
Deputados do Grupo Popular membros da Comisión de Sanidade mantiveron unha xuntanza con representantes dos colexios médicos de Galicia e das sociedades científicas de atención primaria para escoitar as súas suxestións sobre a proposición de lei presentada polos populares, que superou no Pleno anterior o trámite de toma en consideración.

Santalices aclarou que o futuro catálogo de prestación farmacéutica tomará como referencia o prezo mínimo, cuxo establecemento é competencia do Ministerio de Sanidade, e incluirá tanto fármacos xenéricos coma de marca, 'pero que se axusten a ese prezo'. Insistiu en que 'non se suprime ningún principio activo', polo que 'non se vulnera a libre prescrición do médico' e non é discriminatorio. Por contra, defendeu que o que si pode ser discriminatorio é 'querer implantar a obrigatoriedade da prescrición só por principio activo', como pretende o Grupo socialis

'Tal como está hoxe a sostenibilidade do sistema santiario, non podemos desprezar 9 millóns de euros ao mes, 108 millóns de euros ao ano', que é o que se prevé aforrar con esta medida , que non deixará fóra ningún principio activo, segundo apuntou Miguel Santalices, quen estimou que o catálogo podería empezar a funcionar a principios do vindeiro ano.

Te puede interesar