Comeza unha folga de recollida de lixo en tres concellos

Os traballadores da empresa Urbaser que realizan a recollida de lixo e limpeza dos concellos pontevedreses de Vilaboa, Ponte Caldelas e Soutomaior convocaron unha folga con carácter indefinido a partir da próxima medianoite 'se a empresa non se senta a negociar un convenio colectivo'.
O paro repercutirá ademais na recollida de vidro que a devandita concesionaria realiza noutros municipios da provincia, indicou o responsable da Federación de servizos de UXT na bisbarra de Pontevedra, Juan Carlos Corredoira, quen explicou que os traballadores 'desexan evitar a folga', pero secundarana porque 'levan dous anos intentando que a empresa se sente a falar'.

Te puede interesar