EN VIGO

Detida por agredir ao seu home cando estaba ebria

Unha veciña informou aos axentes de que unha muller pedía axuda porque a querían matar a ela e o seu bebé

Axentes da Policía Local de Vigo interviñeron este mércores de madrugada nun vivenda da cidade, na que se produciu unha disputa familiar, e na que unha muller en estado ebrio supostamente agredira á súa parella.

Segundo informaron fontes do 092, os feitos tiveron lugar pouco antes das 4,00 horas, cando foron alertados de que unha muller pedía axuda nunha casa da Suba á Madroa porque a querían matar a ela e o seu bebé.

Unha vez no lugar, unha veciña informou os axentes de que escoitara berros nunha vivenda e que recollera alí un bebé dunha parella que discutía. Segundo relatou, o neno foi entregado polo seu pai, un home de 31 anos de idade, quen manifestaba que a súa muller (L.A.M., de 29 anos) estaba nunha actitude "moi violenta".

O home sinalou que a súa esposa bebera alcohol e que tiña unha actitude hostil, chegando mesmo a agredilo. De feito, os policías comprobaron que a rapaza tiña síntomas de intoxicación etílica e "grande agresividade", polos que tivo que ser atendida por unha ambulancia e, posteriormente, trasladada a un centro hospitalario.
 

Te puede interesar