El intelectual compostelano acusa a su familia de pretender imponer su propia voluntad

Díaz Pardo enviará su legado al Gaiás, 'anque chovan raís'

Díaz Pardo, felicitado por los profesores Vieitez Cortizo, Casares Long y Ramón Villares. (Foto: XOÁN REY)
O intelectual galeguista Isaac Díaz Pardo afirmou onte que a oposición dos seus fillos ao traslado do seu legado á Cidade da Cultura 'non ten importancia' e reiterou o seu desexo de depositar esta documentación no Gaiás 'aínda que chovan raís'. 'Iso vai ir para aí', asegurou Díaz Pardo en declaracións aos medios pouco antes de ser investido académico de honra da Academia Galega das Ciencias, onde reiterou que 'non vai pasar nada' porque o seu legado irá para a Cidade da Cultura 'aínda que chovan raís'.
Sobre a polémica levantada polos seus fillos, que aseguraron o martes que explorarán 'tódalas vías posibles' para evitar que os fondos documentais do intelectual se trasladen ao Gaiás, Díaz Pardo sinalou que 'non ten importancia'. 'Xa se sabe como son os fillos, que queren facer eles o que lles dá a gana,', indicou Isaac Díaz Pardo, ao tempo que sinalou que 'todas esas cousas de pelexas veñen moi ben aos xornais para chamar a atención'. Finalmente, o intelectual recordou a importancia de trasladar ao edificio do Gaiás un legado que inclúe documentos que 'non figuran en ningunha biblioteca de Galicia'.

Te puede interesar