CAMBIO HORARIO

"Entón mañá a que hora me levanto?"

MAIORRRR
photo_camera Un grupo de maiores na cidade.

Na madrugada do domingo, hai que axustar os reloxos. Segundo a Sociedade Española do Sono, os nosos maiores son os máis afectados por este cambio de hora. Ata dúas semanas poden tardar en adaptarse!

O cambio de hora non senta a todos por igual. Antes do cambio, veñen as discusións e as dúbidas. ¿Atrásase o reloxo ou adiántase?. A resposta: ás tres da madrugada do domingo, o reloxo deberá atrasarse unha hora. É dicir, serán as dúas.

Segundo a Sociedad Española del Sueño (SES), as persoas maiores son probablemente as máis afectadas polo cambio de hora, xa que poden tardar ata dúas semanas en adaptar o seu sono ao novo horario.

O cambio de hora de verán a inverno prodúcese sempre o último domingo de octubre en toda Europa, dacordo ca Directiva Comunitaria do Cambio de Hora, que é de obrigado cumprimento. O obxectivo non é outro que lograr o aforro enerxético. 

O goberno galego, a través do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), destaca que a chegada deste cambio "permite un maior aproveitamento das horas de luz", sobre todo no ambiente doméstico.
 

Te puede interesar