“Feijóo en vez de decir ‘yo o el caos' tería que decir ‘yo soy el caos'

Xosé Manuel Beiras
O Beiras non para malia peitear guedellas brancas. Con 76 anos no lombo semella que polas súas vellas veas corre sangue moza. En mozos e vellos, 'os máis aguerridos', os estremos que ateigan os seus actos, confía para darlle a volta a Galicia cun efecto de bola de neve que considera imparable.
Agora que nos mergullamos na recta da campaña, segue crendo que hay Alternativa?
Cada día está máis claro que a hai. E sobre todo cada vez máis e máis xente cre nesta Alternativa e empeza a ter esperanza en que pode irromper no Parlamento unha forza política cun grupo parlamentar numeroso que sexa absolutamente leal co compromiso ético que mantemos cos cidadáns.

Xa sei que vostede non cre nas enquisas, pero algunhas din que Feeijóo pode volver gobernar...
As enquisas máis serias, as que non se publicitan directamente, din que Feijóo está bailando na corda floxa. A única incógnita é o número de indecisos e de xente que non sabe se vai ir votar. Eles poden dar a volta á situación porque sumarían votos a través da Alternativa Galega de Esquerda, que é a única que lles parece fiable. Nós, en vez de nutrirnos de votos procedentes da desafección doutros, que non son os nosos inimigos, o inimigo é o Feijóo e o PP, incrementaríamos o apoio para un cambio de rumbo en Galicia. Feijóo está moi nervioso. A proba é que empeza a intentar ridiculizarme a mí, pero claro que se ridiculiza el mesmo.

É certo que se só acada un escano pola Coruña vostede daría un paso atrás para que sentase Yolanda Díaz no Parlamento?
Non se pode plantexar hipóteses inverosímiles, máxime a estas alturas. Xa dixen que é máis verosimil que caia un meteorito na dársena da Coruña que AGE só acade un escano. As hipóteses inverosímiles non teñen sentido agora, a non ser que vostede e máis eu xoguemos a futurismo (rise).

Que ten O Beiras para que Esquerda Unida sacrifique o seu nome e as súas siglas?
Ninguén sacrificou o nome. Nunha situación de urxencia, cun inimigo principal absolutamente claro e tan bestial como as pirañas pescadas no Amazonas e trasladadas a San Caetano, e mutantes nunha especie de androides tipo Terminator, a esquerda debe rexerse por un principio de cooperación e non pola competición propia do capitalismo e os mercados. Se a dar a batalla conxunta se lle llama renuncia... Eu creo que é sentido de Estado, sentido de esquerdas e sentido de lealdade á cidadanía que está en proceso de rebelión cívica en vez de estar cada un na súa leira.

Quen gaña entón coa maridaxe?
Gaña a cidadanía común, que se está vendo cada vez máis na campaña e ateiga os locais moitísimo máis do que cabería esperar, tanto como na miña experiencia dos anos de ascenso do BNG. Esa xente veterana e moza non só acoden ós actos, senón que se ofrece para traballar. É precioso e faime pensar que podemos movilizar o voto da xente máis nova e da veterana; uns pola evolución perversa da caste política e outros, porque chegaron á adolescencia e non vían quen os representase. A clave da derrota de Feijóo somos nós como ferramenta desa cidadanía. E esa derrota chegará como un sputnik al Señor de los Hilillos. Por certo, non entendo como Rajoy non está encausado no xuizo do 'Prestige'. Hai que botar á barbarie do poder. Non son políticos, son desalmados, delincuentes, xente que traicioa á cidadanía. O PP sae derrotado políticamente porque a inmensa maioría social está na corrente de que o que está facendo é unha animalada.

Dixo que Feijóo era un asasino do país...
Dixen que mata. En criminoloxía é diferente, tamén en delito penal.

Igoal se lle foi a lingua. Que pensa cando o INE sinala que cada mes marchan de Galicia dous mil mozos?
E ademáis formados eiquí. E que eu saiba eiquí nunca gobernaron as forzas políticas propias. Esta dereita española, que leva 25 dos 31 anos de autonomía gobernando, ¿a quen quere atribuir a situación do país? Ao tripartito que gobernou dous anos ou incluso ao bipartito, que goberneu tres e medio. Marchan os cerebros e é un crime de lesa patria.

Que pensa dos debates da TVG?
Non os vin, andaba predicando. Tiña máis que facer que escoitar debates prefabricados do oligopolio do mercado electoral. En Euskadi houbo debates a seis e non hai seis forzas con representación.

Se fose vasco, a quen votaría?
A Bildu, evidentemente.

Dígame algo bó que fixo Feijóo?
Espera, deixa que o pense. Vou meterme no ordenador, pero igual tardo media hora... (rise) Ah, sí, convencer a maioría social de que o caos do que fala se el non está, xa foi durante estes anos. En vez de decir 'yo o el caos' tería que decir 'yo soy el caos'. Iso é foi bó e di moitas cousas.

Damos por feito logo un pacto no caso de que Feijóo non consiga a maioría absoluta?
De ningún xeito contribuiriamos a que siga gobernado, que quede claro porque hai algunha maledicencia por ahí... Segundo, nesa situación hai que darlle unha saída gobernable ao país cunha maioría plural. Terceiro, a condición clara que nós poñemos é que ese goberno alternativo ten que ser alternativo. E unha cousa moi importante, hai que devolverlle á Cámara de representantes o rol sobranceiro no esquema dos poderes sobre o Executivo, porque parece que é a criada dos gobernos. E nada de pactos para repartirse consellerías, porque sería un fraude.

Manda truco que vostede acabe valorando máis a Fraga que a Feijóo...
Paréceme que Feijóo é moitísimo peor que Fraga, moito máis miserable. De Fraga non se podía decir que era miserable, era facha. Feijóo suscita indignidade nos que temos dignidade.

Falamos de Teresa Táboas e de Comprimoso ou xa foi....
Se estivesen aquí eu sentiríame moi feliz. Sería precioso, pero non quedan as vías fechadas para o futuro e todos facemos falta.

Te puede interesar