Galiza Nova ve 'gravísima' a detención de Espadas e cre que o PP debería rectificar e 'tomar boa nota'

A secretaria xeral de Galiza Nova, Iria Aboi, expresou a súa 'indignación' a raíz da detención do concelleiro do PP Ángel Espadas a circular ao volante ebrio, feitos que cualificou de 'gravísimos', e espera que os populares 'rectifiquen' as súas posturas políticas despois do acontecido.
Concretamente, Aboi refírese a que 'sería un boa oportunidade' paqra que o PP 'rectificase' e 'tomase boa nota', posto que 'nesta ocasión non houbo danos pero puido habelos', e sinalou que 'é necesario que a Xunta inverta máis' en iniciativas sobre seguridade vial' e 'poñer novamente en marcha' o transporte público nocturno.

Para as xuventudes nacionalistas, este feito 'mostra o problema que ten o PP para manter na práctica o que defende publicamente'. Así, Galiza Nova recorda que foi propio de Espadas quen, xunto con outra concelleira do PP, 'foron ao botellón compostelano facendo afirmacións que criminalizan á xente nova e que hoxe están en entredito'.

Iria Aboi sinalou que, á espera de que ditamine a Xustiza, a actitude deste representante público é 'inxustificable e irresponsable' e engade que 'este non é o primeiro caso' nas filas populares. Ao respecto, recordou o 'escandaloso' episodio protagonizado por Nacho Uriarte, presidente da Comisión da Comisión de Seguridade Vial no Congreso e presidente estatal de Novas Xeracións do PP.

Te puede interesar