PRÓRROGA A ENCE

O PP cre que Lores "fomenta o odio" coa manifestación contra Ence

photo_camera Miles de persoas saíron para rexeitar que Ence fique 60 anos máis na rúa.

O partido en Pontevedra "rexeita e condena" o "fomento do odio" que, segundo o PP, Lores crea coa protesta contra a planta.

O voceiro do PP no Concello de Pontevedra, Jacobo Moreira, acusou o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, de "fomentar o odio" entre os veciños durante a manifestación en contra da prórroga de permanencia a Ence en Lourizán celebrada o venres.

"O fomento do odio entre veciños merece todo o noso rexeitamento e nosa enérxica condena", asegurou este sábado nun comunicado no que criticou que o rexedor asegurarse onte que "non hai outra solución" que a "resposta dos veciños e veciñas da ría dicindo" ao PP que "se seguen adiante con esta decisión se van atopar con que os vai correr a gorrazos, electoralmente".

Ao respecto, Moreira considerou que "un alcalde demócrata debe traballar por unir aos veciños do seu municipio, non por sementar o odio entre eles e tratar de dividilos". "Despois lamentámonos cando acontecen determinados feitos violentos", sentenciou.

Te puede interesar