Elecciones gallegas 2024

Elecciones gallegas 18F | Tú preguntas, Ana Pontón (BNG) te responde

Tú preguntas, Ana Pontón te responde
photo_camera Tú preguntas, Ana Pontón te responde

"Tú preguntas, ellos te responden" es una iniciativa participativa a través de la que se recopilan algunas de las preguntas formuladas por los ciudadanos, mediante la web de La Región, dirigidas a los candidatos a la presidencia de la Xunta de Galicia de los partidos que obtuvieron representación parlamentaria en las anteriores elecciones. En esta ocasión, es el turno de respuesta de Ana Pontón, candidata del BNG a la presidencia de la Xunta de Galicia

Ana Pontón, candidata del BNG a la presidencia de la Xunta de Galicia, responde a algunas de las preguntas de los lectores de La Región, que abarcan todo tipo de asuntos que afectan en el día a día de la población.

Transporte

Vivo en Ourense y trabajo en el Polígono de San Cibrao. Cada día dependo de mi marido o de mis hijos para que me acerquen y me recojan, porque no tengo carnet de conducir y no hay suficientes frecuencias de autobús. ¿No creen que debería fomentarse el transporte metropolitano con un foco industrial tan importante como es el polígono? ¿Acaso no es factible? - Alicia Riveiro

No BNG temos unha aposta moi clara por poñer Ourense no mapa porque hai que acabar dunha vez por todas co abandono que sofre por parte do Goberno do PP dende hai quince anos. Con este obxectivo deseñamos o Plan Ourense Vivo, un ambicioso proxecto de revitalización no que tamén incluímos medidas concretas para resolver as necesidades de comunicacións e transporte que teñen os ourensáns e as ourensás.

Primeiro, poñendo en marcha un plan de transporte metropolitano, que leva 14 anos bloqueado polo Partido Popular, para conectar por autobús a cidade e ofrecer unha alternativa pública ás 9.000 persoas que, ao igual que vostede, se desprazan diariamente ao seu centro de traballo.

E, en segundo lugar, rematando unha adecuada conexión por autovía e aproveitando a infraestrutura do ferrocarril. Nesta liña, nós tamén apostamos por poñer en marcha unha liña de metro en superficie que conecte Ourense con San Cibrao e aproveitar tamén para trasladar a estación de mercadorías ao polígono, algo que permitiría non só mellorar a competitividade das empresas senón tamén reducir o tráfico viario.    

Sanidad

El estado de la sanidad en Ourense es un tema que nos preocupa profundamente a todos los ourensanos. Los médicos de familia no quieren las plazas vacantes en los centros de salud del rural, vecinos de Xinzo y Carballiño protestan por la falta de pediatra en sus centros, O Barco salió también a las calles para pedir más apoyo para su hospital comarcal… ¿Qué medidas proponen para revertir esta situación si son presidentes de la Xunta? ¿Cuántos fondos van a invertir en la sanidad ourensana? - María José Nieto

Efectivamente, María José. Durante os últimos quince anos o Goberno do PP levou a cabo unha voadura programada da sanidade pública, cun obxectivo claro: facilitarlle o negocio á sanidade privada. A Atención Primaria, cun recorte de 2.193 millóns de euros en todo este tempo, foi a gran damnificada, tal e como demostra o feito de que agora teñamos que agardar ata dúas ou tres semanas por unha consulta co noso médico ou que haxa 11.000 nenos e nenas que non teñen pediatra, como ben apuntas.

Por iso, unha das primeiras medidas que tomarei se os galegos e galegas me dan a súa confianza é aprobar un Plan de rescate da atención primaria dotado con 200 millóns de euros. O noso obxectivo é aumentar o presuposto para primaria até o 25% do total destinado á sanidade, que é o recomendado pola OMS. 

O que queremos é poñer en marcha un novo modelo no que a atención primaria sexa o eixo vertebrador do sistema sanitario e, para iso, é necesario incrementar recursos e profesionais. Queremos crear auténticos equipos multidisciplinares que permitan unha mellor atención, descolapsar os centros de saúde e alixeirar as urxencias, activando as carteiras de servizos de todas as categorías e incorporando outras novas, como psicoloxía clínica porque o 30% das consultas nos centros de saúde están relacionadas coa saúde mental e esta é unha cuestión á que tamén lle temos que dar resposta. 

Concretamente en Ourense, temos que recuperar especialidades perdidas e incorporar outras novas, como xeriatría ou unha verdadeira unidade do ictus no CHUOU, ou neumoloxía en Valdeorras e reforzar a saúde das mulleres con máis matronas e máis especialistas en xinecoloxía.   E dende logo, o meu compromiso é garantir tamén que todos os nenos e nenas teñan pediatra, independentemente de onde vivan, porque o que é evidente é que non pode haber crianzas de primeira e de segunda en Galiza. 

Infraestructuras

La prometida A-56, la utópica A-76 con O Barco… Estos proyectos son esenciales para la conectividad de la provincia de Ourense, por no decir lo que implicaría a nivel de desarrollo económico. Les escucho hablar pero sin concreción ninguna. ¿Cuándo serán efectivamente una realidad? - Brais Boán

Todo o que ten que ver coas infraestruturas, como as que comentas, Brais, é unha das cuestións polas que incidimos na importancia de ter a partir do próximo domingo unha presidenta coas mans libres para defender os intereses dos galegos e das galegas. Porque precisamos ter un Goberno que traballe a favor de Ourense independentemente de quen goberne en Madrid, para poder negociar co Estado a materialización de infraestruturas como estas. 
Asinamos un acordo de investidura que, entre outros beneficios, supón para a cidadanía de Ourense unha rebaixa moi importante nas peaxes da AP-53 en canto se aproben os orzamentos de 2024, o arranxo integral da N-120, a modernización do ferrocarril. Isto cun só deputado en Madrid. Imaxina o que poderiamos conseguir dende o Goberno galego. 

O noso compromiso é apostar claramente polo desenvolvemento de Ourense, con máis e mellores infraestruturas si, pero tamén con máis industria e máis apoio ao conxunto de sectores produtivos, facilitando o acceso á vivenda e reforzando os servizos públicos para mellorar a vida dos ourensáns e ourensás. 

Energía

Soy una firme defensora de las energías verdes, como la eólica, pero no me parece justo que siempre tengamos que sacrificar nuestro medio los gallegos para después no recibir ningún tipo de compensación por ello. GreenVolt quiere desarrollar tres nuevos parques eólicos en Ourense. ¿Cuál es para usted el precio que deben pagar estas empresas para compensar a los ourensanos por tomar su paisaje? – Yaiza Arias

No BNG estamos a favor da enerxía eólica, Yaiza, pero nós pensamos que o seu desenvolvemento ten que facerse de xeito ordenado e respectando o entorno. A partir de aí, o que defendemos é un modelo enerxético no que a nosa riqueza eléctrica se poña ao servizo do País, é dicir, das familias, da clase traballadora e das empresas. Porque o que temos agora é un boom depredador auspiciado polo Goberno do PP, un modelo que permite que os beneficios que xera o noso vento vaian a unhas poucas multinacionais que obteñen beneficios millonarios, sen deixar aquí a riqueza do que se produce e sen que ti pagues menos pola factura da luz pese a ser Galiza rica en electricidade, ou pese a que pagamos os custes sociais e ambientais de producir enerxía como ben sabedes en Ourense.

Hai un dato moi ilustrativo de como é o modelo do PP: Galiza ten 4.000 muíños nos nosos montes, pero a nosa industria no deixa de minguar e desde 2009 perdeu 28.000 empregos. Madrid non ten nin un só muiño, pero a súa industria, que consume unha parte da enerxía que nós producimos, non para de medrar. Non parece nin razoable nin xusto. Por iso entre as nosas propostas de goberno está a creación dunha empresa pública de enerxía e unha tarifa eléctrica galega que permita abaratar a factura da luz, tanto ás familias como ás empresas. E no caso concreto dos novos parques eólicos, terán que ir ligados a desenvolvementos industriais que permitan compensar os custos medioambientais que como ben apuntas, soporta Ourense e o conxunto do rural, principalmente no rural.  

Educación

O pasado 11 de outubro, firmouse un acordo para a mellora do sistema educativo de Galicia. Un acordo para a baixada de ratios e número de horas lectivas, que está moi lexos das condicións perdidas no ano 2011 e que o profesorado demanda e todas as modalidades e niveis educativos. Como se vai a abordar este tema para volver ás condicións perdidas e equipararse ademais ao resto do estado? – Álvaro Selas

O acordo ao que fas referencia, Álvaro, asinouse para baixar os rateos e número de horas lectivas, que están moi lonxe das condicións perdidas no ano 2011 e que o profesorado demanda en todas as modalidades e niveis educativos.

O compromiso do BNG é recuperar nesta lexislatura as condicións consolidadas en 2008 e perdidas a partir do 2010. Temos claro que ese acordo está asinado polo Goberno do PP con só unha parte da representación sindical e non é suficiente para devolverlle ao profesorado os seus dereitos, que si teñen recuperado no resto de comunidades autónomas. O que nós pretendemos é que o corpo docente de Secundaria volva ás 18 horas lectivas semanais e o de Primaria, ás 21. Ademais, a nosa proposta pasa por reducir ou, cando menos, xestionar mellor a burocracia que sobrecarga agora aos docentes e ás docentes. E, por suposto, temos que baixar os rateos das aulas. En Infantil, por exemplo, o noso obxectivo é baixar a 15 alumnos por aula en canto sexa posible. Ademais, consideramos necesario tamén reforzar os equipos de orientación para mellorar a atención á diversidade.

Vivienda

¿Para cuando un Plan Cooperativo y de Política Social de Vivienda en Galicia conjuntamente con un "Plan Vive Galicia", como planes de choque para mejorar la accesibilidad a la vivienda a los jóvenes, y rentas medias-bajas? - Benito Iglesias

O PP dinamitou a política social de vivenda até o punto de que ao longo destes últimos quince anos apenas puxo a disposición da xente vivenda a prezo taxado. Que consecuencias tivo isto? Que para miles de galegos e galegas acceder a unha vivenda é hoxe misión imposible, especialmente como comentas Benito, para a mocidade e para quen ten menos recursos. Para o BNG esta é unha cuestión prioritaria. 

A nosa proposta de goberno é mobilizar 12.000 vivendas, fundamentalmente a través dunha compra masiva de pisos baleiros para poñelos en aluguer a prezos que poidan pagar tanto a xente moza como as familias que menos teñen. En Galiza temos 500.000 vivendas baleiras e, destas, 90.000 están nas grandes cidades. É evidente que a adquisición de inmobles xa construídos e a súa reforma, se fose necesaria, é unha opción moito máis rápida e máis sustentable que preparar e urbanizar solo para logo edificar.

El próximo domingo 18F las urnas deciden sobre el futuro de Galicia. La Región ofrece una amplia cobertura electoral de la jornada de votación e informa de los resultados en tiempo real a través de la página web y los perfiles en las redes sociales. Sigue también, minuto a minuto, la actualidad de la jornada en el canal de WhatsApp de La Región o súmate al canal de Telegram de La Región. 

Te puede interesar