“Ourense Vivo”, o plan de Pontón para revitalizar a provincia
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, presentará mañá luns o novo proxecto “Plan Ourense Vivo”, nun acto que terá lugar na cidade e no que tamén participarán deputados, alcaldes e responsables da formación de todas as comarcas. Trátase dun “ambicioso” proxecto de revitalización para o conxunto da provincia, cuxas medidas se darán a coñecer mañá. O plan formará parte do programa de goberno do BNG e terá como eixo central o equilibrio territorial.
A deputada por Ourense Noa Presas declarou que desde o BNG están “centradas no importante”, que é darlle a Galicia un cambio político, deixando atrás as “políticas fracasadas do PP” e a “tremenda desigualdade territorial” galega, “moi clara” en Ourense, “abandonada” por parte do Goberno central e autonómico, que “perde poboación e oportunidades de futuro”.
Presas asegurou que o “Plan Ourense Vivo” é a alternativa que “cambiará o guión deste abandono”, con propostas que van desde o reforzo dos servizos públicos ao impulso económico, así como a reindustrialización, o reforzo do Campus da Auga e a aposta polo termalismo e o medio rural.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
DELITO CONTRA LA LIBERTAD SEXUAL
Detenido en Ordes un hombre de 37 años por mantener relaciones sexuales con una menor de 16 años