TÚ PREGUNTAS, ELLAS TE RESPONDEN

Elecciones gallegas 18F | Tú preguntas, Noa Presas (BNG) te responde

El equipo de digital de La Región recopiló y seleccionó las preguntas que los lectores enviaron durante la primera semana de campaña electoral. Noa Presas, cabeza de lista del Bloque Nacionalista Galego (BNG) por Ourense a las elecciones gallegas del 18F , responde a esas preguntas

La cabeza de lista del BNG por Ourense para las elecciones gallegas del 18F, Noa Presas, responde a las preguntas que los lectores de La Región han enviado. Sanidad, Educación o Transportes son algunos de los temas que más preocupan a los vecinos de Ourense.

¿Qué es lo que de verdad prometen para Galicia y para Ourense, en las próximas elecciones, y que sanción se pondrían si no lo cumplen? - Ángel López

Desde o BNG presentámonos a estas elecciones tendo dúas cousas que os demais non poden prometer. A primeira é que temos mans libres para negociar por este país todas aquelas cuestións que dependen do Estado ou de Europa, porque nós non debemos a ningunha sede en Madrid. E, en segundo lugar, temos un proxecto para este país, e cando dicimos é para o conxunto: temos propostas a nivel galego, complementadas cun plan específico para Ourense, o que chamamos Plan Ourense Vivo,  con propostas que abranguen desde o ámbito dos servizos públicos ao ámbito industrial e desenvolvemento económico. 

Creo que a sanción a quen lle corresponde é aos galegos e galegas co seu voto. Se nos dan a oportunidade, non imos fallar, e se nestes catro anos non lles gusta o que facemos co contrato que nos dan os galegos e galegas só teñen que cambiar de opción. É o bo das eleccións.

SANIDAD

¿Por qué no hay especialistas en el Hospital de O Barco y nos hacen ir a 115 km a que nos consulte? Tengo un autobús para ir y otro para volver si salgo a tiempo de la consulta; si no, taxi para volver,  ¿quién me lo paga? - Lourdes Fernández

Son moi consciente dos problemas que ten o Hospital do Barco de Valdeorras. Estiven recentemente reunida co seu persoal e son consciente da preocupación da poboación, que aínda saíu ás rúas este pasado mércores, 7 de febreiro, cunha manifestación exemplar. A cuestión é que durante anos o Partido Popular aplicou políticas de desmantelamento da Sanidade e condicións laborais que non convencen aos profesionais, que poden escoller outros centros para ter o seu posto de traballo. 

Desde o BNG estamos preocupados por esta situación e temos a proposta de crear un plan específico para traer persoal aos hospitais de Ourense, O Barco e Verín. Que tería este contrato específico? Ofertariamos contratos de longa duración e con incentivos para investigación. Tamén apostaremos por ter tecnoloxía punteira. Iso fará que os especialistas queiran vir traballar a Ourense e facer aquí o seu proxecto de vida. Está claro que o que non vale é facer como se fixo por parte do Partido Popular no Barco con Hematoloxía: meses e meses sen cubrir a praza, provocando que algunha xente, simplemente para algo como axustar o Sintrom, teña que estar horas e horas esperando, e moitas veces ser desprazada a Ourense. 

Hai que poñerlle remedio. En todo caso hai que promover que se despracen puntualmente as e os sanitarios e non a xente. E no caso de obrigar a facelo, a Administración debería asumir o custo.

EDUCACIÓN

O desmantelamento da educación pública galega é un feito. Como se vai tratar o peche de ciclos formativos en modalidade ordinaria, substituidos por modalidade a distancia ou dual? 

Iste feito o único que consegue é fomentar a formación privada de ciclos formativos, xa que a falla de oferta educativa pública, fomenta a migración a cetros privados. 

Ademáis a oferta a distancia está dirixida a un perfil de alumnado moi específico, quedando a meirande parte do alumnado sen opcións de poder estudar o que queren e onde queren no tecido público galego. - Álvaro Selas

Grazas, Álvaro. Comparto contigo a preocupación polo desmantelamento do ensino público. Creo que nestes últimos anos asistimos ao intento de ir pechando oferta na pública presencial, coa despulta da teleeducación, da dixitalización, mentres hai outros centros privados que ofertan esa formación. A propia Xunta de Galicia fixo ese mesmo intento coa educación para adultos, intentando promover un cambio normativo que tivo que paralizar.

Nos desde o BNG apostamos porque conviva o modelo a distancia para quen o precisa pero que iso non se faga en detrimento de ter oferta na pública, sobre todo cando hai competidores privados e está demostrado o éxito desa oferta. En concreto en Formación Profesional (FP) nós o que promovemos é unha mesa de diálogo para facer unha verdadeira lei galega de FP e darlle unha volta completa á súa formulación. Apostando con que teña conexión co tecido económico galego, sobre todo para que haber aí unha inserción laboral, pero que iso non sexa, como está acontecendo, a partir da precarización do alumnado, senón obecendo ás necesidades do país e sempre á protección do sistema público de ensino.

Recentemente comezou a funcionar en Galicia a primeira universidade privada, que está a duplicar títulos xa existentes nas universidades galegas, e máis aínda no campus de Ourense que sempre é o grande prexudicado. No caso de gobernar, que medidas adoptarán para impedir que se dupliquen máis titulacións das que se ofrecen no noso campus ourensán? - Alicia Riveiro

Alicia, comparto a situación que se está dando de ameaza clara a universidade pública do noso país, e moi concretamente do Campus de Ourense por esta universidade de Abanca. Quero recordar que esa universidade houbo que aprobala no Parlamento galego e que o fixo o Partido Popular coa súa maioría absoluta cando claramente colidía co que establece o marco legal: non pode haber duplicidades. Vemos que en cuestións como a área económica si que as hai e que esta é a liña pola que se quere seguir.

Desde o BNG empregaremos o autogoberno para impedir iso, traballaremos para que non se permita e para fortalecer a universidade pública. Ademais, o Campus de Ourense precisa unha discriminación positiva, é fundamental para o equilibrio territorial desta parte de país e polo tanto hai que apostar por dotar ben as titulacións que hai, cumprir en materia de infraestruturas e aumentar a oferta educativa.

DINAMIZACIÓN DO RURAL

Estamos fartos de escoitar como o rural se vai vaciando mentres desde as institucións non se fai nada. A min, que teletraballo, gustaríame vivir na miña aldea, pero non hai cobertura para conectarme e o centro de saúde non ten pediatra para levar a miña filla, son algunhas das trabas que atopo. Que propón para que a mocidade voltemos ao rural e poidamos vivir dignamente? - Xiana Rivas

Escoitaba a túa pregunta, Xiana, e intentaba imaxinar de onde es, pero por desgraza hai moitas vilas, hai moitas zonas de Ourense, que poderían encaixar co que describes. Nós cremos que hai que acabar coa discriminación do rural. Por unha banda, con todo o que ten que ver coa modernización tecnolóxica e con internet, hai fondos europeos aos que temos que optar e hai que ter unha presidenta coas mans libres para negociar por este país e que estes fondos europeos se convirtan nunha realidade e poidamos avanzar en ter un Ourense realmente conectado. 

E por outra banda, en canto ao que comentas de pediatría, nos partimos dunha máxima. Os dereitos son dereitos, e a Sanidade é un deles e hai que dotala con independencia de onde viva a xente. Polo tanto, aplicaremos un plan de atracción ao personal para crear condicións laborais dignas e asentarse aquí profesionais sanitarios e dotar ao servizos adecuadamente.

CULTURA

En los últimos años, sobre todo en la ciudad de Ourense, la cultura ha sido abandonada desde las instituciones ¿Qué proyecto cultural o qué medidas pueden implantar desde la Xunta para que Auria vuelva a ser la "Atenas" gallega? - Alba Mosquera

O problema que temos en Ourense e a razón pola que cada día damos un paso máis para ser esa Atenas cultural é que temos gobernos que obstaculizan a creación de cultura e ,singularmente, a creación de cultura en galego e a cultura de base. Nós darémoslle a volta, apoiando primeiro cunha lei galega de dereitos culturais, que tamén reverte en Ourense e, despois, recuperando os apoios tanto económicos, de loxística e de infraestruturas a todas esas iniciativas creadoras que temos aquí, desde os ciclos de teatro ata a propia cultura de base.

Tamén levamos no programa propostas para reformular cuestións tan importantes como AGADIC (Axencia Galega de Industrias Culturais). Pero, en suma, necesitamos un goberno que queira cultura, que queira cultura galega, e que aposte por ela en lugar de poñer un freo, como estivemos vendo este últimos anos, e por desgraza non só desde a Xunta de Galicia. 

TERMALISMO

¿Qué plan tienen para ofrecer un turismo termal a los turistas que se adapte a la realidad de los anuncios que venden en las ferias de turismo? Las opciones termales en la ciudad de Ourense no es que sean inexistentes, que mejor sería, si no que están ahí pero quemadas, anegadas por el río, cerradas… ¿Cuál es su propuesta para aprovechar este activo único que tenemos en la ciudad? ¿Qué se puede hacer desde la Xunta? - Luis Montero

Preocúpanos a situación do termalismo porque impacta directamente nas personas que nos visitan, pero tamén de forma moi importante porque os ourensáns non estamos tendo dereito a desfrutar do noso termalismo. Nós cremos que hai que apostar por darlle a volta a 14 anos de desmantelamento do Partido Popular. Hoxe temos na cidade, por exemplo, menos termas públicas operativas que cando entraron a gobernar no 2009. Iso é moi grave é hai que darlle a volta en tres sentidos: hai que superar a visión reducionista do termalismo que só o vencella co turismo. Hai que loitar tamén por encarrilalo no Sergas e por promover a súa transformación en cuestións tan importantes como a cosmética, que xa se está estudando no Campus de Ourense. 

En segundo lugar hai que facer un plan de infraestruturas e equipamentos que axude a saír adiante ao sector e que garanta tamén que haxa unha dotación pública. E, en terceiro lugar, temos moi claro que imos facer unha reforma integral da Lei de termalismo para acabar cos obstáculos que ten hoxe en día e avanzaremos nun gran consorcio termal que aglutine a todas as administracións para poder darlle a volta a todo o que está acontecendo e para poder impulsar un verdadeiro plan termal para Ourense a para toda Galicia.

EMPLEO E INDUSTRIA

Soy ourensana y vivo en Madrid. Me resulta difícil imaginar la posibilidad de volver a Ourense porque las oportunidades laborales son escasas si las comparamos con A Coruña o Vigo, donde sí tendría trabajo en mi sector. ¿Cuál es su propuesta para potenciar la industria y generar así más puestos de trabajo? -  María Barreiro

Non sei exactamente de que sector industrial es ti, María, pero si que sei que Ourense ten unha potencia industrial enorme e que ademais para sacar a Ourense do paro económico no que está precisamos reindustrializar a provincia. Como imos facelo? Aproveitando o noso potencial. Defendemos que haxa unha mesa específica pola industria de Ourense que aproveite todo o coñecemento e sinerxias que temos en sectores tan importantes como o mineiro, a automoción ou a transformación agrogandeira, todos os polígonos que xa temos existentes, e dar un novo impulso, en varias vías. 

Por unha banda, temos que ter mans libres para poder negociar con Madrid infraestruturas que dependen do Estado, como a reparación das autovías, para que sexan deste século, acabar aquelas que están comprometidas ou, por exemplo, todo o que ten que ver en materia ferroviaria, para poder ter un adecuado transporte de mercadorías e ser competitivos. E, moi concretamente, trasladar a estación de mercadorías de Ourense a San Cibrao. 

Tamén precisamos crear máis chan industrial. Nós temos espazo dispoñible, só precisamos investimento público, e así podemos compensar a falta de chan que hai en zonas saturadas, como Pontevedra, e que se instalen aquí no lugar de marchar para outros lados. Eu penso que temos que mirar tamén o camiño da innovación e do valor engadido. 

Nestes útlimos anos o norte de Portugal despegou, aumentou en competitividade e Galicia foi cara atrás. Se iso é así é porque aquí non se fixeron as cousas ben e nós queremos darlle a volta tamén con propostas a nivel galego, como un plan de fomento da actividade industrial ou como apostar pola enerxía, xa que somos produtores excedentarios netos, para que aquí teñamos unha tarifa eléctrica máis barata e poidamos así asentar empresas e que sexan máis competitivas. É un tema complexo, pero dentro do noso Plan Ourense Vivo e do noso programa electoral podes ampliar a información.

PREGUNTA ESPECÍFICA A LA CANDIDATA DEL BNG

Cuando su candidata dice que "Galicia no puede ir ni un milímetro por detrás de Euskadi y Cataluña". ¿A qué se refiere exactamente? ¿A que si ellos convocan un referéndum o cometen otros delitos nosotros también deberíamos hacerlo? ¿O se refiere a otras cosas? - Pedro Martínez

Refírise a iso. Nun momento no que se está a abrir debates sobre a configuración territorial do Estado e sobre as competencias, Galiza ten que estar e ten que actuar como unha nación. Nestes 14 anos de goberno, o Partido Popular conseguiu cero competencias para Galiza, mentres outros territorios, como Andalucía, si que avanzaron. Nós cremos que o autogoberno mellora a vida da xente e apostamos por seguir por esa vía. Eu desde logo miro con envexa os índices económicos de Cataluña ou Euskadi. O seu índice, por exemplo, das pensións, é moi diferente ao de Ourense. Desde logo o problema non son os vascos ou os cataláns, o noso problema é a falta de autogoberno e a falta de autoestima e confianza neste país que non demostrou o Partido Popular en 14 anos. Con Ana Pontón á fronte da presidencia da Xunta de Galicia, darémoslle a volta a isto e verase a gran potencia que ten este país.

OURENSE, POR DELANTE

¿Cuál es su medida estrella para conseguir que Ourense siga siendo la tercera ciudad de Galicia? - Lucía Vispo

Se queremos un resultado diferentes e que Ourense non siga perdendo oportunidades, temos que facer algo diferente, temos que apostar por unha forza política que teña tres cousas. As mans libres para defender este país ante administracións como o Estado, que teña un proxecto de país e que teña un proxecto para Ourense.

Nós temos unha batería de 35 eixos estratéxicos no Plan Ourense Vivo. Básicamente o que queremos é facer apostas de futuro para que Ourense deixe de perder e empece a gañar, desde o ámbito da política social e dos servizos públicos, ata o ámbito tan importante como o emprego ou a valorización dos nosos ríos. Desde logo somos unha potencia, temos moitas propostas que poderiamos poñer en marcha no curto e no medio prazo, temos o proxecto e temos as persoas para facelo e toda a vontade de que haxa un Ourense vivo.

Te puede interesar