Dará servicio de inmediato a 18 poboacións máis

R multiplicou por catro o seu beneficio neto en 2007 e chegou aos 13,5 millóns

O director xeral de R, Arturo Dopico, no acto de presentación de resultados.
O grupo R, operador galego de cable, superou os 13 millóns de euros de beneficio o pasado ano, segundo anunciou onte o director xeral da compañía, Arturo Dopico. Asimesmo, puxo de manifesto que de xeito inmediato dará servicio a 18 poboacións máis, co que xa está presente en 46, con 215.000 clientes.

R, o operador galego de comunicacións por fibra óptica, conseguiu multiplicar por catro o seu beneficio neto en 2007 e pechou o pasado exercicio con 13,5 millóns de euros, segundo anunciou hoxe na Coruña Arturo Dopico, director da compañía.
En rolda de prensa, Arturo Dopico destacou que R está incrementando ano tras ano a súa rendibilidade e beneficios, cun resultado operativo (ebitda) de 73,8 millóns de euros, cunha marxe operativa do 44,7 por cento sobre ingresos, co que a compañía segue líder neste apar tado entre os operadores de telecomunicacións de España.

Tamén indicou que finalizou 2007 con case 215.000 clientes, tras crecer en 15.000 nos últimos 12 meses, e na actualidade xa está en disposición de cubrir a 636.644 fogares e locais de empresas, polo que 1,2 millóns de persoas poden recibir os seus servizos.

Presente en 46 poboacións

Ademais, subliñou que o operador está presente en 46 poboacións galegas, 15 máis que en 2006, e que a previsión é rematar o presente exercicio dando servizos ’a un total de 83’. Precisou que unhas 18 contarán con R ’a curto prazo’ e que a inversión prevista para 2008 roldará ’os 100 millóns de euros’.

Arturo Dopico é consciente de que R nunca poderá prestar servizo por fibra óptica en parro quias e pequenos núcleos de poboación, porque non sería rendible, e apostou ’polo wireless como mellor solución’ para salvar ’a débeda que existe co rural’.

Nas zonas nas que este operador está presente a penetración de internet nos fogares chega ao 45 por cento, cifra superior ás medidas estatal e galega. Así, as conexións a internet de alta velocidade a través de fibra óptica en fogares e empresas galega aumentaron un 31,2 por cento en 2007 e rozaron os 126.000 accesos de cablemódem.

Te puede interesar