Recuperan un cadáver da dársena do porto de Vigo

O corpo sen vida dun home de 54 ano foi recuperado este domingo por bombeiros de Vigo da dársena do Club Náutico da cidade olívica.
Diso informaron fontes de Bombeiros de Vigo a Europa Press, que destacaron que o cadáver se atopaba afundido a uns catro metros de profundidade.

Pola súa banda, Emerxencias 112 sinalou que foi arredor das 9.15 horas cando un particular alertou de que había un corpo na auga, polo que se mobilizou a Salvamento Marítimo, Autoridade Portuaria, Grumir, Gardacostas, bombeiros, Policía Nacional e 061.

Te puede interesar