Conselleiro do Medio Rural Samuel

Samuel Juárez: ‘Dinamizar o rural é máis que impulsar a agricultura’

Juárez en Raxoi, despois do Consello da Xunta do xoves. (Foto: Vicente Pernía)
Samuel Juárez (La Bañeza, 1962) é o único conselleiro do Goberno de Núñez Feijóo que se queda sen vacacións. A máxima atención para os incendios forestais así o esixe. Veterinario de profesión, é un profundo coñecedor do sector agropecuario e pesqueiro.
Transcurrida a primeira decena de agosto, os incendios están respetando os montes galegos. Co que está pasando fóra, non sei si se imaginaba iste escenario?

Bueno, o longo dos tres últimos veráns téñense registrado temperaturas suaves e con choivas bastante ben repartidas no tempo, co cal parece que xa se está convertindo en habitual, o cual xenera problemas en algunhos sectores, pero para o monte galego vénnos moi ben.

Recentemente dixo que Galicia era un polvorín forestal. Mantén esa afirmación?

O termo cecais non foi moi afortunado, pero o que quixen decir era que despois de dous anos, máis o que vai transcurrido diste, con choivas xenerosas, a vegetación medra e nunha situación de moito monte abandonado é un problema -feito que constitúe unha asignatura pendente para esta Consellería-. Si engadimos a cantidade de madeira que tirou o ciclón Klaus, provoca unha situación de abundante material combustible no monte, polo que si aparecen as altas temperaturas e se levanta vento, constitúe un problema grave.

Ata fai poucos anos a estratexia contra o lume estaba baseada fundamentalmente na capacidade de resposta do dispositivo de extinción. Comparte esa idea ou contempla algunha outra?

Cada vez trabállase máis en prevención e menos en extinción. Penso que esa é a liña que temos que seguir, sin baixar a guardia ante unha posible mala racha, pero o incremento de esforzo debe ir a tratar de previr. En Galicia, traballar neso é facelo na mellora da xestión do monte, que presenta unha gran complexidade, pois duas terceiras partes da superficie forestal está en mans privadas, co que significa de fragmentación da propiedade. Canto máis deficiente sea esa xestión, máis se incrementa o risco de incendios, e dunha perda de riqueza, que é ser moi importante para a nosa Comunidade. Outra vía que estamos intensificando nos últi mos anos, con bós resultados, é a actuación policial, xa que a maioría dos incendios son provocados, ben de xeito intencionado ou por descoido. Por eso a actuación das forzas e corpos de seguridade do Estado é moi importante para reducir o risco de incendios. Dende logo, des pois da gravedade do sucedido no ano 2006 houbo unha implicación moito maior; eso tamén se nota.

Replantar o monte é tamén unha asignatura pendente?

Sí, o que pasa e que a xestión do monte hai que facela dende unhas dimensións mínimas, para poder levar a cabo unha plantación autótctona heteroxénea, dependendo da zona, na que ten que haber diversidade para conxugar rendibilidade e sostibilidade. Eso sin unha extensión razonable é imposible.

Niste senso, a concentración parcelaria é unha vía agotada ou ainda lle queda recorrido?

A concentración parcelaria está concebida para terreos con clara vocación agraria, non é solución para o monte, pois ademáis é un proceso caro e dilatado no tempo. De feito estamos traballando nas fórmulas para reducir esa lentitude. Polo tanto, é un instrumento máis, pero non o axeitado para resolver os problemas do ámbito forestal. Con todo, hai fórmulas de agrupación para propiedades privadas que poden resolver iste problema da atomización.

É impresión miña ou hai relaxación na obligatoriedade de limpar o monte en zonas de risco?

A lei está ahí e o seu cumprimento correspóndelle vixialo ós concellos. Agora ben, cada ano temos máis terreo abandonado, o cual dificulta a laboura de obligar á limpeza do monte. Resulta complicado facer cumplir unha obriga a unha persoa que non reside no lugar, o cual da como resultado, certamente, un cumprimento bastante desigual.

Ten futuro o monte dentro da economía galega?

Moito futuro. É máis, penso que a gran asignatura pendente das Administracións vencelladas ó monte en Galicia é a de pór as bases para poñelo en valor. A benignidade do clima aporta unhos índices de crecemento da madeira que son duas ou tres veces superiores ós de outros países do norte de Europa, por exemplo, o que permitiría obter retorno económico nun prazo moito máis curto. Recuperar esa gran extensión de monte abandonado, xa non só para uso forestal, senon para o cultivo da castaña e no caso de Ourense incluso do olivar -xa experimentado con éxito-, aproveitamentos pastoriles, etc., fan que o beneficio potencial do monte sexa enorme e, sen dubida, ten moito que aportar a Galicia.

O seu antecesor foi un dos conselleiros ca xestión máis valorada dentro do goberno bipartito. Ten vostede algunha obxección ó respecto?

Nin moito menos. Sempre trato de aproveitar o que de bon fixeron os meus antecesores, pois todo o mundo trata de facelo o mellor posible. A partires de ahí trato de mellorar o que é factible, ademáis de impulsar novas iniciativas, pero dende logo respetando o que se fixo ben antes de min.

Un dos proxectos novedosos na etapa de Suárez Canal foi o banco de terras. Esa iniciativa mantense ou está definitivamente desterrada?

Non está desterrada, posto que tampouco é unha cousa tan nova, xa que figurou fai anos nos programas do Partido Popular, nin mala. O que sí creo é que se pode mellorar, e nise senso vamos modificar a lei para adaptala o que creemos que aportará un mellor funcionamento, ademáis de acompañala doutras iniciativas para estimular que as terras abandonadas poidan voltar á producción.

Esta idea sería aplicable a todo tipo de terras?

Sí, ainda que tamén se adapta moito mellor ás susceptibles de ser cultivadas, de xeito que as que se atopen en situación marxinal difícilmente terán aceptación porque os agricultores ou gandeiros cando buscan superficie queren que a terra sexa de boa calidade. En definitiva, as de maiores posibilidades son as de mellores condicións para producir.

O rural esmorece inexorablemente, víctima do éxodo. Eso tradúcese nunha agonía económica e social. Qué se pode facer para revertir esa situación que xa é realidade en moitas zonas do interior de Galicia?

Tratar de dinamizar o medio rural para que existan verdadeiras alternativas económicas, e non só as que se circunscriben á agricultura e gandeiría, como son determinadas industrias ou o turismo. Para eso hai que dispor de servizos básicos nun entorno razonable: sanidade, educación e comunicacións. Esto é caro, pero a solución ten que ir por ahí. É unha cuestión delicada, pense que os cálculos da Unión Europea apuntan que si as políticas funcionan ben, en dez anos o medio rural perderá un vinte por cento da poboación. Eso si as cousas van ben, do contrario a despoboación ainda será máis acelerada.

Existe a percepción de que estamos ante unha situación de gravedade extrema. Comparten as administracións a mesma sensación?

Hai, hai moita preocupación. De feito, as políticas de desenvolvemento rural da Unión Europea están medrando co diseño de estratexias para impulsalo.

Sí, pero fai só unhos anos esa mesma instancia pagaba por poñer terreos a ermo.

Certo, pero a cuota de barbeito obligatorio estase eliminando porque xa existe conciencia de que a tendencia ten que dar a volta. A estas alturas, as administracións xa se están dando conta de que o medio rural precisa políticas integrais, non é unha cuestión exclusiva da agricultura e da gandeiría.

Agora temos os carballos apestados. Os danos serán irreparables?

Espero que non, ainda que estamos verdadeiramente preocupados por esta plaga e de feito xa están en marcha algúns tratamentos, pero tamén é certo que temos recibido algunhas queixas contra os fumigados. Niste momento non pensamos que poida ser unha ameaza para o carballo en Galicia, ainda que sí que pode haber certa mengua.

Os particulares poden facer algo?

Sí, pero é complicado, pois trátase de árbores moi grandes e a fumigación dende abaixo resulta difícil. A resposta corresponde, como xa está sendo, á Administración, con fumigacións máis amplas, mentres agardamos a mellora das condicións meteorolóxicas -adversas para o desenrolo desta peste- para que os árbores poidan recuperarse por sí mesmos.

Te puede interesar