O Servizo Galego de Saúde lanza durante o verán unha campaña contra as drogodependencias

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) comenza a enviar vídeos e mensaxes a móviles dentro da súa campña de prevención das drogodependencias: ‘E se che toca a ti’. Esta campaña vai dirixida fundamentalmente a mozos e mozas de entre 14 a 29 anos. No marco desta iniciativa estanse a distribuír 10.000 carteis e 100.000 despregables. Tamén distribuiranse 40.000 dados que expresan dun xeito moi claro a idea de xogo ou azar, posto que ‘coa saúde non se xoga’.
O Servizo Galego de Saúde comenzou, esta fin de semana, a posta en marcha da súa campaña de prevención das drogodependencias denominada: E se che toca a ti?, dirixida á mocidade e encamiñada a potenciar a visualización de programas preventivos. O obxectivo é transmitir que o consumo de drogas e alcohol xa non é unha cuestión de marxinalidade, como en décadas pasadas, nin é exclusivo da mocidade, senón que está presente, en maior ou menor medida, en todos os sectores e grupos de idade da sociedade.

Esta campaña, xurdida a iniciativa da Subdirección Xeral de Saúde Mental e Drogodependencias do departamento que preside María José Rubio Vidal, vai dirixida, fundamentalmente, a mozos e mozas de entre 14 e 29 anos. Entre este colectivo estanse a distribuír 10.000 carteis e 100.000 despregables. Tamén se repartirán 40.000 dados que expresan, dun xeito moi claro, a idea de xogo ou azar, posto que coa saúde non se xoga.

Anuncios

Asemade, emitiranse anuncios de televisión, centrados na programación xuvenil, e de radio, que poderanse escoitar en emisoras de radio fórmulas. Por outra banda, nesta campaña inclúense actuacións a través das novas tecnoloxías, de modo que, nesta fin de semana, nas sete principais cidades galegas, e nos lugares de maior concentración de xuventude, a Sanidade pública galega vai enviar, vía Bluetooth, vídeos e mensaxes da campaña aos mozos e mozas que queiran recibir, gratuitamente, nos seus teléfonos móbiles, información desta iniciativa tan novidosa.

Esta actuación vaise manter todo o verán a través do Programa Creative, que consiste na realización de saídas nocturnas, por parte dun equipo de educadores, ás zonas de concentración da mocidade no ocio nocturno, nas proximidades dos lugares de diversión (discotecas, bares, zonas de copas, prazas, xardíns), onde se empraza unha unidade móbil na que, por unha parte, se facilita información sobre o consumo das distintas substancias psicoactivas, os seus efectos e os danos asociados a estes e, pola outra, faise detección e derivación a servizos de urxencia ou centros especializados, daqueles rapaces e rapazas que presentan consumos problemáticos ou abusivos.

Creative

Nestas saídas, os técnicos do equipo Creative tentan fomentar o cambio de actitude, así como dar a coñecer outras alternativas de ocio e tempo libre que se realizan nas súas cidades. No material desta campaña, que contén o lema: ‘Pódencho dicir de 1.000 maneiras distintas pero o certo é que o consumo continuado de alcohol e drogas pódeche xogar unha mala pasada’, o Servizo Galego de Saúde (Sergas) informa á mocidade galega que o consumo de cocaína, ademais dunha forte dependencia, pode provocar trastornos de atención e concentración, problemas de sono, ideas paranoides, depresión e crises de angustia.

Te puede interesar