MEDIO AMBIENTE

Sogama cobrará este ano 67 euros ós concellos por tonelada de lixo

Supón una reducción do 10% en comparación co ano pasado

A Sociedade Galega de Medio Ambiente (Sogama) cobrará este ano ós concellos 67,18 euros por tonelada de lixo, cantidade que supón un 10 %menos que os 74,64 euros que cobraba no pasado ano 2014. Así o poñía de manifesto a devandida Sociedade ó anunciar a publicacion no Diario Oficial de Galicia desta rebaixa do canon que cobra ós concellos adheridos. Sogama sinala que adoptou esta medida "no marco da revisión do plan de viabilidade 2013-2022, que rexerá as súas actuacións durante os vindeiros anos".

Dous factores influiron na adopción desta rebaixa da taxa sobre o transporte e tratamento de residuos urbanos. O primeiro, segundo Sogama, a reducción do impacto inicialmente previsto da reforma do sector eléctrico sobre esta entidade, acadado logo das negociacións entre o Executivo autonómico e o Ministerio de Industria. O outro factor que incidiu na rebaixa foi o plan de acción posto en marcha pola Sociedade co objxectivo de incrementar os ingresos e reducir os gastos, co que conseguiu, "que as perdas do exercicio 2013 foran menores do previsto".

Te puede interesar