Undiano, árbitro do anterior clásico galego na elite e do de mañá

O colexiado navarro Undiano Mallenco, que dirixiu o anterior enfrontamento entre o Celta de Vigo e o Deportivo da Coruña na Liga BBVA será o encargado de dirixir mañá o clásico galego, que volve á elite cinco anos e medio despois, e no mesmo escenario, o campo de Balaídos.
O árbitro, que fixo neste mes 39 anos, dirixiu no día 15 de abril de 2007 a vitoria pola mínima do Celta perante o Deportivo cun gol do brasileiro Fernando Baiano, tres puntos que non evitaron o descenso dos vigueses á Liga Adelante.

Nesa categoría reencontráronse o Deportivo e o Celta na tempada pasada, en que os coruñeses gañaron os dous duelos de máxima rivalidade rexional, e neste curso vólvense enfrontar na máxima categoría do fútbol español.

Undiano Mallenco ten máis experiencia nos clásicos do fútbol galego xa que, ademais do que se disputou en abril de 2007, dirixiu no día 30 de setembro de 2001 o Deportivo-Eelta en Riazor (2-2) e en 17 de decembro de 2005, a vitoria do Deportivo en Balaídos (0-3).

O colexiado navarro arbitrou quince veces ao Deportivo cun balance de seis vitorias, catro empates e cinco derrotas e arbitrou once encontros do Celta, en que os vigueses se impuxeron dúas veces, empataron catro e perderon cinco.

Te puede interesar