El “Primer amor” de un joven en la novela de Alejandro Gándara

Alejandro Gándara
photo_camera Alejandro Gándara

"Primer amor", a novela de Alejandro Gándara, está protagonizada por un xove que vive a súa primeria paixón. Aborda cuestiones como la violencia torrencial con la que llega el enamoramiento

Na contracapa da última novela de Alejandro Gándara, Primer amor, hai quen compara a este autor, santanderino, mais recriado en Ciudad Rodrigo onde transcorre, aínda que non se diga ás claras, a acción desta novela, con Juan Benet. Un autor de pouco doada lectura, por non dicir labiríntico, o que non semella ser o caso de Gándara, ao menos o deste libro, que devorei en dúas sesión. Coidando, nun principio, que se trataba dun libro –en principio- dirixido a un público xuvenil. Ás veces, de outra época; o crego que se deixa ver na novela ten cousas de Martín Vigil (¡que eficaz o xesuíta!, hoxe cancelado por “El País”; o único que xa o cancelara o tempo literario) e bótalle fío ao papaventos do “bildungsroman” edulcorado. Mais Gándara é, certamente, deste tempo, e sabe construir unha historia desde parámetros modernos.

Por máis que o título do seu libro nos remita a Turgueniev, un supoñer. Ora, o camiño que toma, o dun rapaz proletario que namora dunha rapaza “pija”, nos anos do tardofranquismo, apunta máis ben a un Shakespeare posto ao día. Cunha mociña xitana, a que lle correspondería socialmente a Andrés Aja, malia que un “payo”, aínda que humilde, non termine de canxar no conto. Si a exhibición que de linguaxe romaní fai o Gándara, no capítulo correspondente.

Que Andrés vai deixar o panorama mirobrixense era visto, tamén que volverá para o que non vou contar aquí pois non se trata de destripar nadiña. Nunha novela que ten moito de refrescante cando aí fóra ven unha calor que mete medo. Calor artificial en moitos casos, e ten razón Julio Llamazares cando se queixaba, non hai moito, do intrusismo no panorama literario. Onde, sostén o autor leonés, o noventa por cen dos “autores” son xente metida a peza: políticos, futbolistas, actores, etc. Conforta ver escritores de verdade, como Alejandro Gándara que saben contar unha historia, criar atmósferas, definir personaxes e situacións, sabendo o que se traen entre mans, nunha cidade –moi seguramente, Ciudad Rodrigo- que conserva un aquel medieval, con murallas, e quen vive dentro delas e quen fóra. A vida mesma. Recontada neste caso por quen sabe facelo, aínda que ás veces os seus rapaces falen un pouco resabiados. A vida, tamén.

Te puede interesar