FÚTBOL GAÉLICO

Festa do deporte na Universidade

Ourense. 26-06-16. Deportes. Torneo cidade de Ourense de Fútbol Gaélico.
Auriense
Foto: Xesús Fariñas
photo_camera O equipo feminino do Auriense, entidade organizadora do evento.

O Auriense de Fútbol Gaélico organizou a pasada fin de semana no Campus a primeira edición do Torneo Festas de Ourense

O Campo de herba artificial do Campus de Ourense acolleu a pasada fin de semana a primeira edición do Torneo de Fútbol Gaélico das Festas de Ourense, que enfrontou aos equipos do Auriense masculino e feminino aos Herdeiros de Dhais de Lalín.

Nunha xornada de festa na que estiveron presentes máis de 100 afeccionados que non quixeron perderse este torneo, que aspira a consolidarse na cidade, ao igual que este deporte.
En ámbolos dous encontros os vencedores foron os equipos de Lalín, cun axustado 28-34 no conxunto feminino e un 8-29 no encontro masculino.

Te puede interesar