Aever presenta a súa nova plataforma de venda online do comercio local

Foto Presentación olazaro.com_resultado verín
photo_camera Presentación esta mañá da nova plataforma dixital. (Foto: cedida).
A páxina web xa está en funcionamento

A Asociación de Empresarios de Verín (Aever) vén de presentar a súa nova plataforma de venda online: "Olázaro", a web na que os comerciantes venden os seus produtos nun escaparate único e creado exclusivamente por e para profesionais da comarca, que xa se atopa en funcionamento.

"Olázaro" trátase dunha plataforma de comercios, na que a clientela poderá mercar en diferentes comercios de Verín navegando por unha soa web, e nela xa se poden atopar máis de 400 produtos ofertados por comerciantes de Verín. "Ofrece un servizo moi demandado pola clientela do comercio local, que é poder mercar dende calquera sitio e recibir os pedidos axiña, enviados por unha empresa de transporte local", contan en Aever.

Dende a Asociación remarcan que "tal e como se pode ler na web, a plataforma non sustitúe ó comercio físico de toda a vida, pero si que ten unha intención de crecemento", xa que permite manter a clientela fiel que vén en tempadas altas ou durante todo o ano.

Os establecementos de Verín siguen uníndose á plataforma de comercio local, e Miguel Pérez, de Idixital, aniam ás persoas que aínda non se uniron por falta de tempo ou de coñecementos a que o fagan, xa que "a plataforma está deseñada para que o uso sexa sinxelo e accesible dende o punto de vista dos comercios", remarca Pérez. 

Ademais, o apoio na aprendizaxe da plataforma é un dos compromisos que dende o principio adquiriu "Olázaro" para facer realidade o proxecto que potencian dende Aever.

Nome da web

Ademais, o nome elixido é homenaxe ás tradicionais festas do Lázaro onde se organizaban mercados, e aos creadores da web pareceulles unha bonita maneira de manter ese espírito do Lázaro "de antes" coas facilidades "de agora". Así, Aever -en colaboración con Idixital- decidiu recuperar este nome e todo o que representa para a nosa vila, recoñecendo en "Olázaro" unha oportunidade de crecemento do mercado local.

Te puede interesar