Os budistas de San Amaro piden autorización para unha biblioteca

A instalación de novos equipamentos no Centro de Estudos Tibetanos que posúen os monxes asentados en Ventoselo, próximo ao núcleo de San Amaro, dende o ano 2011, requiere a tramitación dun plan especial de infraestruturas e dotacións que deben promover os propios monxes e tramitar o concello, co fin de crear unha biblioteca, ademais doutros equipamentos que completen o centro budista, que dispón de preto de 20.000 metros cadrados.
O alcalde de San Amaro, Ernesto Pérez, mantivo unha reunión por ese motivo coa secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas. O rexidor referiuse a boa integración dos monxes cos veciños, así como o éxito acadado polo centro que se converteu nun lugar de retiro e peregrinaxe para os practicantes do budismo e un recurso de atracción turística. Esta circunstancia foi decisiva para que os monxes pretendan ampliar as instalacións introducindo novos equipamentos financiados por eles mesmos.

Te puede interesar