Os cativos de Monterrei mergúllanse no cinema

cinema monterrei albarellos
photo_camera Dúas cativas desfrutando dunha actividade no taller infantil.
A localidade de Albarellos acolleu o proxecto Cinema Circulante 2023

O Festival Itinerante de Cinema de Galicia, que lanzou o pasado día 1 o proxecto Cinema Circulante 2023 para visitar 10 municipios galegos, chegou onte a Monterrei -a Albarellos- para levar o seu programa aos veciños. 

Os cativos tiveron o seu espazo co taller “Sementando Cineastas”, mentres que os maiores tamén gozaron dun taller de memoria. A música foi a antesala dunha sesión de cine ao aire libre e unha actividade baixo as estrelas. Todo, co cinema de protagonista. n

Te puede interesar